
Así, as empresas do sector turístico deben enviar unha proposta de oferta que poden incluír estancias no seu establecemento por unha noite para dúas persoas, unha actividade de turismo activo, unha cata de produtos, un xantar ou cea para dúas persoas, algún agasallo produto de Padrón, un lote de produtos locais ou calquera tipo de experiencia.
O departamento de Turismo realizará un sorteo cada sete ou quince días con cada unha das experiencias propostas polo empresariado. Para participar os usuarios e usuarias das redes sociais deberán seguir o perfil de Facebook de Padrón Turismo e o da empresa xestora da experiencia, tendo que premer en gústame na publicación do sorteo, amais de facer un comentario etiquetando a persoa coa que se quere compartir a experiencia e compartir as publicacións dos sorteos nos perfís.
Os gañadores das experiencias terán un prazo dun ano para trocar o premio e gozar da experiencia ou do agasallo, que o Concello de Padrón aboará a cada un dos establecementos participantes.
Padrón aposta polas redes sociais para dinamizar o seu sector turístico
Compartir Este Artigo

