Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Estratexia Galicia Dixital 2030 achegará servizos públicos acordes ao século XXI
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Estratexia Galicia Dixital 2030 achegará servizos públicos acordes ao século XXI

Redacción
Publicado: 08/02/2021
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

20210208_feijoo_01.jpgAlberto Núñez Feijóo avanzou hoxe que a Xunta está a traballar na posta en marcha dun Plan de mellora da eficiencia e da calidade dos servizos públicos baseado na simplificación dos procedementos administrativos para «facilitar a implantación de iniciativas empresariais, axilizar os prazos e crear un entorno máis favorable para afrontar a reconstrución económica», lembrando que ese é o propósito que guía a futura Lei de simplificación administrativa e reactivación económica, que se está a tramitar no Parlamento, coa previsión de que se aprobe neste mes de febreiro.
Durante a clausura do acto de presentación da Estratexia Galicia Dixital 2030, Feijóo subliñou que esta iniciativa ten como finalidade implantar uns servizos públicos acordes ao século XXI, impulsar un marco xurídico adaptado á nova realidade; e aplicar as tecnoloxías disruptivas que terán un maior impacto na economía.
20210208_feijoo_02.jpgNesa liña, subliñou que os 7 eixos da estratexia se desenvolverán a través de 20 programas, incluíndo iniciativas que faciliten: o desenvolvemento dun goberno e unha administración intelixente; unha sociedade dixital e inclusiva; o desenvolvemento das competencias tecnolóxicas entre a poboación e tamén no ámbito educativo; e un entorno dixital para saúde e benestar.
Apostarase, tamén, por un territorio intelixente, verde e resiliente, con plans de dixitalización no mar, no rural, así como a xestión intelixente do territorio con mecanismos áxiles de vixilancia e detección temperá de risco; a aposta por unha conectividade avanzada do territorio, que inclúa programas de infraestruturas dixitais e o fomento do transporte sostible; por unha cultura e un turismo na nova realidade, co impulso á Memoria dixital de Galicia e á conservación do noso patrimonio; e por unha economía dixital e sostible, no que se transformará o Servizo Público de Emprego e se fomentará a transición dixital para industria e empresas.
Así mesmo, como eixo transversal, impulsarase a promoción do talento e do emprendemento dixital e a proxección exterior do sector TIC. Non en van, este medrou na Comunidade máis dun 13% desde 2014, chegando a superar as 3.600 empresas, e conta con máis de 24.400 traballadores.
Para traballar en todas estas liñas, Feijóo aseverou que esta estratexia establece unha serie de metas a cumprir na fronteira do 2025, entre as que destacou que o 100% da poboación teña cobertura da Internet de máis de 100 Mbps; que o 70% da poboación teña competencias dixitais básicas; incrementar en 25 puntos o número de persoas que compran a través de comercio dixital, pasando do 50% do 2019 ao 75%; e que a metade das empresas de máis de 10 empregados vendan por Internet.
Esta estratexia suporá o maior investimento dixital da historia de Galicia, cunha mobilización público-privada de máis de 4.000 millóns de euros ata 2027.
20210208_feijoo_03.jpgSerán 2.450 millóns entre fondos da Xunta e os instrumentos de financiación europeos (Next Generation e marco financeiro 2021-2027), que xerarán un efecto panca para mobilizar máis de 1.600 millóns da iniciativa privada, calculando que «cada euro público terá un retorno de 1,42 euro e iso suporá un impacto na riqueza de Galicia de 3.500 millóns de euros».
E ademais, hai que ter en conta outras implicacións importantes que conleva esta aposta como a redución do consumo de papel en máis de 4.100 toneladas; a diminución das toneladas de CO2 emitidas á atmosfera en máis de 94.000; ou un aforro de custos á cidadanía de máis de 27 millóns, grazas á redución de cargas administrativas.
Por último, e de cara a un uso seguro e adaptado á nosa sociedade, a Comunidade elaborará un Código Ético de referencia, para garantir unha dixitalización responsable.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?