Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A UVigo envorca esforzos na Rede para celebrar o Día da Muller e a Nena na Ciencia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A UVigo envorca esforzos na Rede para celebrar o Día da Muller e a Nena na Ciencia

Redacción
Publicado: 09/02/2021
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

uvigo_dia_muller_nena_ciencia.jpgA Universidade de Vigo vai celebrar con actividades online o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, que se conmemora este día 11 de febreiro. Así, os tradicionais obradoiros de Elas Fan CienTec, nos que centro de rapazas se achegaban aos laboratorios do campus de Vigo, pasarán a celebrarse virtualmente, ao igual que as charlas divulgativas que se viñan organizando dentro da Iniciativa 11F en centros educativos de toda Galicia e as actividades do Centro de Investigación Mariña (CIM).
Por outra banda, a feira de Exxperimenta en Feminino non se poderá levar a cabo, pero as organizadoras optaron por ofrecer unha páxina web na “que estarán a disposición da sociedade contidos divulgativos sobre mulleres importantes da historia da man de investigadoras do Campus de Ourense”, indicaron.
Todo o paquete previsto de actividades, que as docentes e investigadora das UVigo organizan co gallo do 11-F, buscan dar visibilidade ao traballo das mulleres nestes eidos, amosar ás mozas de Secundaria exemplos de mulleres que desenvolven súa traxectoria profesional no eido da ciencia e a enxeñaría e espertar vocacións nestes campos, “especialmente masculinizados”.
Elas Fan CienTec e charlas divulgativas
Elas Fan CienTec é un programa de obradoiros científicos e tecnolóxicos para rapazas de secundaria que, nesta ocasión, contará con preto de 80 nenas de catro centros educativos da provincia de Pontevedra (IES Val Miñor, IES Rosais II, Colexio Plurilingüe Alborada e IES A Cañiza). Da man de docentes e investigadoras da Universidade de Vigo coñecerán as liñas de investigación e os laboratorios do Centro de Investigacións Biomédicas (Cinbio), a Escola de Enxeñaría de Telecomunicación, a Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía e a Escola de Enxeñería Industrial.
De xeito paralelo, ao longo de todo o mes de febreiro, un total de 32 investigadoras e un investigador da Universidade de Vigo ofrecerán a 34 centros educativos de toda Galicia 70 charlas virtuais sobre o seu traballo e sobre o papel da muller na ciencia e na tecnoloxía. Estas enmárcanse na Iniciativa 11 de febreiro, que se organiza a nivel nacional con motivo desta efeméride.
Todas estas actividades contan co apoio da Unidade de Cultura Científica e da Innovación da Universidade de Vigo na súa xestión.
11-F no CIM
Outro dos centros que se une á celebración do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia é o Centro de Investigación Mariña (CIM), que organizou actividades en liña para alumnado de secundaria, tanto rapaces como rapazas, de diferentes centros educativos de toda Galicia. O programa desenvolverase o día 12 e contará, por unha banda, coa Asociación Faraxa, que reflexionará sobre a necesidade do 11-F e, por outra, coa directora da Área de Investigación da UVigo, Ana Bernabeu, presentará os indicadores de igualdade na institución educativa e no CIM e explicará a súa experiencia persoal.
V Concurso de Creación Artística
Tamén o día 11 de febreiro daranse a coñecer as e os gañadores do V Concurso de Creación Artística do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, convocado pola Facultade de Ciencias, a Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo e a Escola Superior de Enxeñaría Informática do campus de Ourense. Nel convidábase ao alumnado de Primaria e ESO da provincia de Ourense a presentar traballos visuais ou literarios sobre as mulleres na ciencia e na enxeñaría ou nas tecnoloxías TIC. Nas anteriores edicións, estes premios entregáronse durante a celebración nestas datas da feira divulgativa Exxperimenta en Feminino, pero debido á pandemia este ano tivo que anularse a súa celebración, polo que a entrega dos galardóns do concurso queda aprazada ata que a situación sanitaria o permita.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?