Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Unha investigación da UVigo demostra o potencial da gamificación para as manobras de reanimación
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Unha investigación da UVigo demostra o potencial da gamificación para as manobras de reanimación

Redacción
Publicado: 09/02/2021
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

O investigador Martín Otero
O investigador Martín Otero
O investigador Martín Otero vén de presentar dende o Campus de Pontevedra un completo traballo sobre as novas ferramentas aplicadas á saúde, poñendo o foco nos beneficios que se obteñen, nalgúns ámbitos concretos, da aplicación das metodoloxías e as características propias dos videoxogos. En concreto, a súa tese demostra o potencial da gamificación para ensinar reanimación no ámbito escolar. O estudo recóllese nas guías da American Heart Association e do European Resucitation Council.
Dirixida polo profesor da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte e investigador principal do grupo Remoss, Roberto Barcala, a investigación Influencia en la calidad de la Reanimación Cardiopulmonar en el ámbito escolar y deportivo recolle os resultados de tres traballos previos dirixidos a “analizar a calidade das manobras de reanimación e soporte vital básico realizada por testemuñas no ámbito escolar e deportivo”, explica Otero Agra. Un destes estudos avalía a calidade da RCP (manobras de reanimación cardiopulmonar) levada a cabo por árbitros de fútbol tras recibir formación neste eido, o segundo fai o mesmo con preto de 200 escolares e o terceiro, levado a cabo con preto de 500 estudantes de secundaria, busca coñecer o efecto sobre a calidade da reanimación de diferentes metodoloxías de aprendizaxe.
uvigo_potesercp1.jpgEste último estudo, publicado no Emergency Medicine Journal, é un dos citados nas novas guías da ERC como da American Heart Association. “É un orgullo tremendo poder ver os nosos nomes xunto aos de investigadores do mellor nivel”, salienta Otero, que pon o acento no feito de que o artigo sexa un dos citados, no caso da guía do Consello Europeo, no apartado que “incide na importancia de realizar formacións adaptadas ás características do estudantes”, un dos aspectos nos que afonda a súa tese.
O xogo como medida para fortalecer a aprendizaxe
Até 489 estudantes de dous institutos, sen formación previa en reanimación, participaron no estudo que buscaba analizar a efectividade de diferentes metodoloxías na aprendizaxe. Divididos en catro grupos, as e os participantes recibiron unha sesión de “formación teórico-práctica” sobre RCP por parte do seu profesorado de Educación Física e, unha semana despois, avaliouse nunha simulación a calidade das súas compresións. Nun dos grupos, esta formación baseouse na gamificación e buscou que as e os estudantes aprendesen “xogando en equipo”, nunha actividade obrigatoria, pero pola que non serían avaliados, sendo esta a que acadou os mellores resultados, cunha “porcentaxe media de calidade do 90”. O tero salienta que “as formacións que se imparten na actualidade semellan ser actividades complementarias puntuais e este estudo reforza a idea de que ensinanza da RCP na escola debe ser obrigatoria e avaliable”, á vez que amosa que “a gamificación pode considerarse como estratexia para darlle un carácter máis lúdico e interesante”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?