Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O COETTGA salienta a ciberseguridade e o rol das tecnólogas en Galicia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O COETTGA salienta a ciberseguridade e o rol das tecnólogas en Galicia

Redacción
Publicado: 11/02/2021
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

148767769_2624862854483585_6526415442326361608_n.pngO Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos de Telecomunicacións de Galicia (COETTGA) celebra o Día da Muller e as Nenas na Ciencia poñendo en valor o crecemento exponencial feminino nas carreiras STEM e en concreto na Enxeñería Técnica de Telecomunicacións en Galicia.
Malia estes datos, a inclusión das mulleres no sector das telecomunicacións da como resultado impactos positivos para o desenrolo e a innovación do sector. Ademais, é vital para a competitividade de calquera empresa e multiplica o talento potencial da mesma.

Contidos
  • Os datos das telecos galegas
  • Semana da Internet Segura. Falamos de Ciberseguridade

Os datos das telecos galegas

Hai unha tendencia clara, as rapazas e as mulleres cada vez teñen máis presencia no campo das Telecomunicacións e da Tecnoloxía. Hai unha década a presenza das mulleres que estudaban Enxeñería Técnica de Telecomunicacións limitábase ao 10-15% dependendo da área xeográfica. Hoxe en día supera o 30%, e en certas zonas de España o 50%.
“En Galicia, estamos na media, acadando unha presenza cada vez máis preto do 40%, e con proxectos e iniciativas de calado” – afirma Patricia Agrelo, a parte de ser a Secretaria do COETTGA é membro da directiva da Asociación Española de Graduados e Enxeñeiros Técnicos de Telecomunicacións (AEGITT) , tamén desenvolve unha tarefa importante a nivel nacional dende MiRED (Rede de Mulleres Enxeñeiras), dende onde visibilizan o traballo da muller dentro do sector das telecomunicacións e das carreiras STEM.
“A percepción que temos dende MiRED é que na maioría dos casos as rapazas teñen identificado que esta é a carreira que queren estudar, pero non encontran a orientación concreta; mellor dito, saben ao que queren dedicarse, pero non ven claro que a través do Grao en Enxeñaría de Telecomunicacións poidan desenvolver tantas capacidades profesionais, dende a ciberseguridade, tecnoloxías de comunicación, desenvolvemento de ferramentas como as redes sociais, ou proxectos relacionados cos drons, coa telefonía, a radio e ou a televisión, entre outros moitos….” – salienta Agrelo.

Semana da Internet Segura. Falamos de Ciberseguridade

147465004_2624001834569687_2166776214194870287_o.jpgHoxe en día todo xira en torno a esa nube e a esa Rede na que ineludiblemente todos pasamos por ela, aínda que non queiramos. A veces para tramitacións coa Administración, outras veces en chamadas telefónicas aparentemente tradicionais pero que veñen derivadas de teléfonos IP. Xa non falemos das redes sociais e servizos de mensaxería instantánea, que son a rutina que guía o noso día a día. Dende que abrimos os ollos pola mañá ata que os pechamos cada noite.
Como dato curioso, actualmente, WhatsApp está manexando en torno a 120mil millóns de mensaxes diarios. Un aumento exponencial, dado que fai catro anos a cifra era exactamente a metade.
Este foi o motivo principal polo que Facebook comprou WhatsApp. Polos datos e a información que estos conteñen. Pola Big Data.
“¿Pensastes algunha vez en como se trata esa información? ¿Canta información estamos facilitando diariamente en máis de 120 mil millóns de whatsapps? ¿se a isto lle sumamos a información derivada das redes sociais? Onde amosamos o día a día de cada quen. É xusto o que calquera empresa ou Goberno quixo ter sempre, información e imaxes actuais de cada un de nós” – afirma o Decano do COETTGA, José Manuel Martínez.
Unha cousa está clara. Que a seguridade como ferramenta en sí existe, implementada de moitas maneiras nas diferentes aplicacións dispositivos. Tanto a nivel hardware, como software. Isto é grazas ao traballo dun colectivo profesional como son os telecos, os graduados e enxeñeiros técnicos de telecomunicacións. E cabe destacar a profesionalidade e desenvolvemento dos graduados galegos, así como o bo facer das mulleres enxeñeiras, que lideran gran parte dos proxectos de novas tecnoloxías e cada vez teñen máis presencia no sector.
Por último dende o COETTGA transmiten algunhas recomendacións ao respecto:
– Nunca deixes de aprender. É o primeiro paso, busca información e contacta con profesionais especializados.
– Mantén actualizado o software: sistema operativo, programas, navegador, etc.
– Instala un antivirus e anti-malware confiable, tanto no ordenador como no teu smartphone ou tablet.
– Inspecciona o sistema polo antivirus de forma periódica.
– Usa contrasinais complexas: 8 caracteres como mínimo, usa díxitos, letras, maiúsculas, minúsculas e caracteres especiais.
– Usa unha boa devasa ou firewall.
– Non abras correos electrónicos sospeitosos.
– Fai copias de seguridade periodicamente.
– Evita conectarte a redes públicas.
– Desactiva a Wi-Fi e o bluetooth sempre que sexa posible.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?