R vén de facer balance dos seus últimos avances de cobertura en Bueu. Segundo fai saber, os residentes (fogares e empresas) dos núcleos da Costa de Figueirón, Montemogos, A Achadiza e Praia de Beluso, xa dispoñen de accesos ultrarrápidos a Internet de ata 500 Mbps simétricos (suba e baixada) e poden desfrutar doutros servizos avanzados de telecomunicacións grazas ás redes de nova xeración de R.
O operador galego, que recentemente incorporara máis dun cento de inmóbeis doutros núcleos de Bueu á súa rede (en virtude do Plan Avanza), vén arestora de rematar neste concello outra parte das tarefas de fornecemento da súa rede de fibra óptica, “aproveitando ao máximo as infraestruturas do lugar”, sinalou.
Deste xeito, arredor de 464 novos fogares e negocios dos devanditos núcleos de Bueu ficaron “xa preparados” para recibir os servizos avanzados de teléfono, rede de ata 500 Mbps simétricos e televisión dixital multicanle de R.
Amais, engadiu a operadora, cando tras o exercicio de 2021 se complete o despregamento neste municipio da bisbarra do Morrazo, no marco do Plan Avanza, a localidade contará cun total dunhas 1.625 novas residencias e empresas con conexión ás redes de nova xeración do operador galego.
En total, sumadas as residencias novas e as xa engadidas en anos anteriores, xa dispoñen de cobertura das súas redes avanzadas outros 3.009 fogares e empresas do municipio.
A cifra de fogares e empresas de Bueu con fibra de R superou a cifra de 3.000
Compartir Este Artigo

