Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Xunta encarga a Telefónica unha rede para responder a todas as esixencias da administración dixital
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Xunta encarga a Telefónica unha rede para responder a todas as esixencias da administración dixital

Redacción
Publicado: 15/02/2021
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

administracion_xunta_dixital.jpgO Goberno galego vén de dar detalles relevantes do que vai ser, a súa vindeira rede de telecomunicacións, unha infraestrutura que, segundo informou a Xunta, marcará un antes e un despois na historia tecnolóxica de Galicia. En primeiro lugar, porque terá a capacidade de “dar resposta a todas as esixencias dunha administración integramente dixital”. A empresa que gañou o primeiro lote do contrato para desenvolver a rede non é outra que Telefónica.
A rede inclúe todas as liñas de comunicacións dos centros, o acceso a internet e a telefonía fixa por importe de 33 M€, con máis de 5,1 M€ de rebaixa sobre o importe de licitación. Nestas semanas decidirase a adxudicación do segundo lote, o da telefonía móbil.
“Isto”, informouse, “supón un fito histórico na mellora de conectividade da rede corporativa da Xunta de Galicia, xa que o 100% dos centros disporán de fibra óptica con velocidades simétricas, de forma que contarán coas mellores tecnoloxías de conectividade existentes ata a data, tanto en canto á velocidade, como en fiabilidade e rendemento”. O Goberno galego incide en que o devandito feito implicará que “o operador faga un enorme investimento en Galicia, achegando a tecnoloxía FTTH (Fibra Até o Fogar) a moitas poboacións onde era inviable contratar este tipo de servizos”.
No informe faise saber, tamén, que 2.542 centros (94 % do total) contarán con, polo menos, 1 Gbps simétrico, o que incluirá a totalidade dos centros escolares, “o que suporá un incremento de velocidade sen precedentes, especialmente na velocidade de subida, necesaria para a impartir clases en liña ou realizar vídeo-conferencias”.
Asemade, incorporarase un plan de mellora anual da velocidade de conexión para “que o paso do tempo non poida supoñer unha limitación fronte ás melloras das tecnoloxías do futuro, podendo chegar a duplicar cada ano o largo de banda das conexións FTTH ata 10 Gbps no 2024”.
Administración Electrónica e 5G, novo impulso
O capítulo de melloras posibilitará, entre outras cousas, impulsar as canles dixitais de cara aos cidadáns A Xunta salienta tamén a mellora das liñas de respaldo, que son as que entran en funcionamento no caso de que se produza un corte na liña principal, que pasarán a dispoñer de 2.677 liñas de respaldo con velocidades de 350 Mbps ou superior, baseadas en tecnoloxías de fibra óptica e 5G, o que colateralmente supoñerá unha mellora de cobertura sen fíos 5G en Galicia.
Amais, para todos os casos nos que a liña de respaldo estea baseada en 5G, o operador poñerá á disposición da Xunta de Galicia unha terceira liña adicional para o tráfico de voz, de forma que, mesmo nas circunstancias máis adversas, estea garantido o servizo de telefonía IP (Protocolo de telefonía por Internet) dos centros. “Esta mellora ofertada supón 1.333 liñas adicionais ao que solicita no concurso”, engadiu o Goberno galego.
Melloras en telefonía fixa
En telefonía fixa renovaranse todas as centrais de telefonía da rede corporativa cunha capacidade de 120 chamadas por segundo, pasando a contar co 100% das liñas con tecnoloxía IP. Todo o sistema de telefonía será completamente redundante activo-activo, o que significa “que garantirá que non haxa corte de servizo en ningún momento”.
Neste ámbito, contémplanse as ferramentas para o emprego dos teléfonos corporativos da Xunta de Galicia desde calquera localización.
O acceso á internet corporativa tamén se verá incrementado, “contando desde o inicio do contrato con equipamento que permitirá chegar ata os 100 Gbps no caso de que sexa necesario”, explícase.
Novos servizos
O Goberno autonómico salienta igualmente as prestacións do sistema de vídeo-conferencias ofertado (para 58.500 usuarios), que “permite organizar reunións de forma segura de ata 1.000 participantes e organizar seminarios web de ata 3.000 asistentes, para todos os usuarios dos ámbitos educativo, corporativo e xustiza”.
Ademais, é compatible cos sistemas operativos de PC, tabletas, smartphones, e tamén coa posibilidade de usar con equipos de vídeo-conferencia de sala.
Inclúese a dotación dunha plataforma de streaming avanzado que posibilita a retransmisión de vídeos en directo, que é necesaria para accións de comunicación en liña.
A maiores, a Xunta terá a posibilidade de contratar conectividade móbil a unha tarifa especial de 500 Gbps ao mes por tan só 12,71 €/mes, co obxecto de poder facilitar a conexión a alumnos de familias en situación de vulnerabilidade.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?