Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Casa da Muller de Lugo promove a igualdade de xénero cun certame en TikTok
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Casa da Muller de Lugo promove a igualdade de xénero cun certame en TikTok

Redacción
Publicado: 17/02/2021
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

cartel_certame_en_tiktok.jpgO Concello de Lugo, a través da Concellería de Muller e Xuventude que dirixe Ana Abelleira, vén de pór en marcha un certame en TikTok para promover a igualdade e poñer o foco en sensibilizar e concienciar á xente nova, que é a franxa de idade que máis presenza ten na devandita rede social. O concurso Lugo pola igualdade, lanzado co cancelo #Lugopolaigualdade, consistirá en tirar abaixo comportamentos machistas a través dunha chuvia de vídeos en Tik Tok.
Este certame forma parte dos actos organizados pola Casa da Muller, e que se presentarán os vindeiros días, para conmemorar o 8 de marzo, Día Internacional da Muller.
Tal e como explicou Ana Abelleira, para participar nesta iniciativa non é necesario dispoñer de equipos profesionais, abonda cun teléfono móbil e “unha boa historia que contar”. Para facelo, as persoas interesadas terán que subir un vídeo á plataforma co cancelo do concurso e cubrir cos datos un formulación de inscrición nun sitio específico habilitado, onde tamén se poden consultar as bases.
A temática xira ao redor da igualdade de xénero, ben sexa igualdade no deporte, en oportunidades laborais, en tarefas domésticas, denuncia de relacións tóxicas, empoderamento ou detección de micromachismo, entre outros. A duración máximo dos vídeos será de 60 segundos e pódense empregar todas as posibilidades creativas que proporciona a propia rede social TikTok.
Premios e inscrición
O certame conta don dous premios, un primeiro premio dotado con 200 euros e un segundo dotado con 100 euros. A data límite para a inscrición é o 10 de marzo de 2021 e as persoas gañadoras daranse a coñecer o 16 de marzo. Como requisito, é necesario que a persoa participante viva, estude, traballe ou nacera en Lugo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?