A Deputación de Lugo fixo esta historia esta semana en materia de tecnoloxías e metodoloxías de traballo e xestión interna. En concreto, puxo en marcha un programa formativo TIC pioneiro ao servizo das empregadas e empregados. Segundo fai saber a entidade, “trátase da primeira vez que se ofrece unha acción así na institución e tamén entre as administracións públicas galegas polas súas características, dimensións e alcance”. A medida favorece a promoción horizontal de 321 traballadores provinciais, a metade do equipo humano da institución.
O programa continuará ata maio e desenvólvese de xeito telemático para promover a participación e extremar a prevención ante a COVID-19. Ao seu abeiro, a Deputación dota ao funcionariado de ferramentas para “progresar na carreira profesional mellorando as competencias e capacidades” e, ao mesmo tempo, “optimizar o funcionamento da Deputación e a prestación dos servizos públicos”.
As actividades comezaron este mércores. Contarán con tres niveis, en función dos distintos grupos de clasificación profesional do cadro de persoal. Hai catro módulos, que tratan sobre a propia Deputación, recursos humanos, procedemento administrativo e novas tecnoloxías. Impartiranse 8 edicións dos distintos cursos, que en total suman 320 horas de formación. Amais, co fin de facilitar a participación e co fin de extremar a prevención ante a pandemia da COVID-19, a formación desenvólvese de xeito telemático.
Como avanzou o presidente da Deputación, José Tomé Roca, na presentación desta iniciativa, “trátase de achegar ferramentas aos empregados e empregadas públicas da Deputación para progresar na súa carreira profesional a través da mellora das súas competencias e capacidades, o que supón un salto nas súas condicións laborais e salariais. E, por outra banda, mellórase o funcionamento da Deputación e, polo tanto, a atención aos concellos e á cidadanía, e a prestación dos servizos públicos”.
A Deputación de Lugo pon en marcha unha revolucionario programa de formación para o seu equipo humano
Compartir Este Artigo

