Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os segredos da metodoloxía PMI 6, ao detalle nun novo curso online de Vitae Consultores
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os segredos da metodoloxía PMI 6, ao detalle nun novo curso online de Vitae Consultores

Redacción
Publicado: 17/02/2021
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

equipo_traballo_computadores_ordenadores_proxectos.jpgProsegue esta tempada a actividade da aula virtual da consultora galega Vitae, centrada máis que nunca en formar aos nosos profesionais para os grandes retos que impón unha transformación que se volve cada vez máis urxente e necesaria. Xa cos inicios da primavera, a consultora organiza a 22 edición do que xa pode ser considerado un clásico da nosa formación tecnolóxica, o Curso de Dirección e Xestión de Proxectos baixo a metodoloxía PMI 6, que achegará aos participantes unha importante oportunidade de formación para o exame de Certificación PMP do PMI.
Serán 35 horas de contidos a desenvolver os días 16, 17, 18, 23, 25 e 26 de marzo, e os días 7, 9, 14, 16, 21 e 23 de abril. O curso é unha nova oportunidade para clarificar conceptos e botar luz sobre o que semella complexo, facéndoo sinxelo e doado de comprender para todas as persoas implicadas: a posta en marcha dun proxecto tecnolóxico.
Segundo lembra Vitae, son moitos os condicionantes que inflúen negativamente no día a día dunha compañía tecnolóxica, adversidades como a crise económica, os conflitos sociais, os cambios políticos, as normas e regulamentos cada vez máis restritivos, unha meirande presión para o cumprimento dos obxectivos, a necesidade de obter máis eficiencia, ou a limitación de recursos. “En consecuencia, os proxectos non só se volven máis complexos senón tamén máis incertos, cousa que pode impactar negativamente na consecución do éxito dos obxectivos do proxecto, xa sexa en forma a adiamento no tempo, sobre-custes, corrupción do alcance, desmotivación do persoal, insatisfacción dos clientes ou deterioro da imaxe externa da organización”, explican dende Vitae, engadindo que unha parte importante destes condicionantes desaparecen se apostamos de cheo polas boas prácticas recoñecidas internacionalmente para a dirección de proxectos, que achegan un maior nivel de certeza nos mesmos, ao ofrecer aos profesionais “unha visión ampla e necesaria sobre o traballo desenvolvido”.
Neste senso, Vitae engade que “a certificación PMP acredita a persoas e xera impactos directos de valor nas organizacións”, xa que a dirección eficaz e eficiente de proxectos debe considerase como unha competencia estratéxica das empresas, xa que lles permite competir de maneira máis rendible e áxil nos seus mercados, sustentar á organización e responder ás consecuencias dos cambios na contorna de negocio, “axudando a cumprir os obxectos dos proxectos, a ser máis predicibles, a optimizar o emprego de recursos da organización e, en xeral, a actuar de maneira proactiva e non reactiva”.
Para quen non o saiba, a PMI (Project Management Institute) é a organización máis recoñecida a nivel internacional na disciplina da dirección de proxectos. Está integrada por máis de 600.000 profesionais de todo o mundo, expertos na xestión de iniciativas, con independencia do tamaño e complexidade das mesmas, en múltiples sectores industriais. Vitae recorda que “as boas prácticas aplicadas e postas en marcha polo PMI son coñecidas, recoñecidas e avaladas por milleiros de profesionais ao longo dunha chea de anos en miles de traballos de todos os ámbitos”.
En termos máis concretos, o PMI acredita aos profesionais na dirección de proxectos co certificado PMP (Project Management Professional), o cal goza dun alto recoñecemento, identificando a quen o posúe como profesional altamente cualificado e demandando, na medida en que aporta un coñecemento moi detallado para a dirección de iniciativas, anticipando problemas, xestionando proactivamente a incertidume e aumentado as probabilidades de éxito nos proxectos.
A persoa encargada de impartir os contidos será Isaac Olalla Del Real, licenciado en Dereito (Universidade Complutense de Madrid) amais de ser un profesional certificado co PMP e co PMI-RMP por parte do Project Management Institute. Trátase dun experto en xestión de iniciativas innovadoras, con máis de 15 anos de experiencia neste ámbito e preto dunha década como formador, impartindo cursos de xestión baseada na metodoloxía PMI. Polas súas actividades de adestramento xa pasaron máis de dous milleiros de persoas, formándose en xestión dunha PMO, en xestión de riscos e en xestión avanzada de proxectos. Ten traballado para Telefónica, Vodafone, Deloitte, IECISA, BT, a DXT, Bankinter, FedEx, o Ministerio de Industria, Votorantim, OHL ou a Xunta de Galicia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?