
Os proxectos a desenvolver inclúen innovacións como a mellora dos procesos de maduración mediante control RFID, o uso de tecnoloxías 4.0 para a predición e monitoraxe de instalacións de frío e para o seguimento sustentable e intelixente nunha planta de produción, o desenvolvemento de obradoiros intelixentes ou a posta en marcha dunha illa robotizada de paletizado.
O clúster foi distinguido nos ditos premios (centrados en promover o desenvolvemento e implantación de tecnoloxías relacionadas cos conceptos de Industria 4.0 no sector produtivo da nosa terra) por cuarto ano consecutivo.

Amais o clúster lembra que ao abeiro da súa estratexia a prol da dixitalización sumouse o pasado ano á rede europea Smart Sensors 4 Agri-food (SS4AF), cuxo obxectivo é apoiar ás empresas do sector agroalimentario no seu camiño cara á Industria 4.0 e cara a un sistema interconectado, resiliente e intelixente. Está integrada por 17 membros titulares e 21 organizacións procedentes de 12 rexións de Europa. Entre as súas principais accións destaca a posta en marcha de 23 living labs.
O Clúster Alimentario de Galicia recibe o premio Proxectos Agrupados Industria 4.0
Compartir Este Artigo

