Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: 6.500 escolares aprenden robótica e programación grazas á aula STEAM
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

6.500 escolares aprenden robótica e programación grazas á aula STEAM

Redacción
Publicado: 22/02/2021
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

escolares_5_1_.jpgMáis de 1.800 escolares de centros de toda Galicia participaron xa e outros 4.600 reservaron praza na aula itinerante STEAM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría, Arte e Matemáticas nas súas siglas en inglés) de AFundación. En total, estamos a falar de 6.500 rapazas e rapaces beneficiándose dos obradoiros de robótica e tecnoloxía aplicada da dita entidade, que fixo balance da actividade xerada no que vai de curso.
Ao abeiro destas actividades e co fin de garantir a seguridade sanitaria, as e os profesionais de AFundación (Abanca) están a desprazarse ata os colexios para desenvolver os obradoiros tecnolóxicos directamente cos escolares nas aulas, velando polas máis estritas medidas anti-COVID. O obxectivo é “ofrecer aos docentes un programa con contidos interesantes e adaptables aos diferentes escenarios que se poidan presentar durante este curso”.
escolares_17.jpgNas aulas STEAM, entre outras cousas, apréndeselles ás nenas e nenos a crearen os seus propios robots, tixolas e trotiños, dous trebellos con capacidade para axudalos a crear obras de arte. Aos escolares de máis idade introdúceselles na programación con placas microbit e nas competencias asociadas á electrónica e á programación robótica aplicada.
As actividades das aulas STEAM de AFundación contan con códigos abertos, de tal xeito que desde os centros escolares, tanto o corpo docente como o alumnado, poidan seguir practicando a actividade unha vez finalizado cada obradoiro.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?