Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Cámara da Coruña brinda unha manchea de cursos tecnolóxicos para mozas e maiores de 45 anos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Cámara da Coruña brinda unha manchea de cursos tecnolóxicos para mozas e maiores de 45 anos

Redacción
Publicado: 22/02/2021
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

computador_portatil-2.jpgA Cámara de Comercio da Coruña abriu o prazo de solicitudes para participar nos 125 cursos de formación que deseñou para complementar a formación de mozas, por unha banda, e de persoas maiores de 45 anos, pola outra, ao longo do primeiro semestre de 2021. Boa parte dos ditos cursos son iniciativas para facer avanzar á cidadanía en empregabilidade e capacitación tecnolóxica.
En primeiro lugar, a entidade programou 112 cursos, subvencionados ao cen por cen, que se impartirán nas modalidades online e presencial e que están dirixidos a mozos inscritos no Sistema de Garantía Xuvenil e no Programa Integrado de Cualificación e Emprego (PICE) da Cámara.
As persoas interesadas poden cursar nesta modalidade online cursos sobre inglés, emerxencias sanitarias, xestión de residuos industriais, mercadotecnia dixital, formación de formadores, desenvolvemento de aplicacións 3D, AutoCAD 3D, linguaxe XML, mecanizado ou negociación de contratación internacional, entre unha extensa oferta.
A programación presencial inclúe, pola súa banda, cursos de dixitalización de negocios, deseño 3D, vixiante de seguridade, persoal de tenda e ecommerce, fotografía, repostaría, xeadaría e panadaría ou Excel para pequenas e medianas empresas e operacións financeiras, entre outros.
Todas as actividades previstas inclúen formación orientada á procura de emprego, como participar en procesos de selección, mellorar as habilidades persoais e sociais e a utilización de Internet.
Algúns deles, como o de Auxiliar de Reposición e Venda en Gran Superficie contan con prácticas en empresas con posibilidade de incorporación á mesma ao seu termo.
Pola súa banda, o novo programa Emprego 45+ que a Cámara ofrece con carácter gratuíto a persoas de entre 45 e 60 anos en situación de desemprego, inclúe formación e asesoramento para mellorar as súas posibilidades de volver incorporarse ao mercado laboral. O obxectivo é “colaborar na mellora da empregabilidade deste colectivo e, en esencia, ofrecerlles un servizo de acompañamento activo que lles axude a identificar novas oportunidades laborais”.
Tras coñecer de primeira man o perfil dos participantes, especialmente no relativo ao nivel de competencias dixitais, os profesionais da Cámara deseñarán o itinerario a seguir e as accións máis axeitadas para cada perfil. “A mellora das competencias dixitais será o paso seguinte no percorrido do programa, mediante accións formativas adaptadas ás necesidades de cada participante”, explicaron fontes da Cámara, engadindo que os contidos dos 13 cursos programados abranguerán desde o uso de ferramentas dixitais para a elaboración e envío de currículos, ata o dominio dos habituais paquetes ofimáticos, pasando polo manexo e monitoraxe das redes sociais, traballos na nube de Google Drive, community management, ferramentas de deseño, ou elaboración e xestión de webs.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?