Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A UDC implícase nun salón virtual sobre a oferta académica de 55 universidades
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A UDC implícase nun salón virtual sobre a oferta académica de 55 universidades

Redacción
Publicado: 22/02/2021
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

uniferia_udc.jpg_2047195791.jpgA Universidade da Coruña informa hoxe dos detalles da súa participación na mostra virtual organizada por CRUE Universidades Españolas, a exposición UNIferia Graos 2021. Trátase, máis polo miúdo, dun salón virtual de balde sobre a oferta académica de 55 universidades, que celebra a súa terceira edición do 22 ao 24 de febreiro. En marzo, do 2 ao 4, será a quenda da segunda edición de UNIferia Máster.
Esta iniciativa ten como obxectivo mellorar as canles de comunicación entre o alumnado e as universidades e garantir a igualdade de oportunidades sen as limitacións que ata o de agora presentaban as feiras de Educación Superior tradicionais.
UNIferia Graos ofrece de forma personalizada, a través dunha plataforma virtual, todos os datos precisos sobre as titulacións ofertadas por máis de medio centenar de institucións: sistemas de acceso, itinerarios formativos, plans de estudos, posibilidades de internacionalización ou programas de bolsas e axudas.
Cun formato 2D, accesible e adaptado aos dispositivos móbiles (responsive), o salón permite aos usuarios interactuar por vídeo-conferencia cos diferentes servizos de información e orientación das institucións participantes. Ademais, salienta a UDC, as universidades amplían o seu radio de acción espazo-temporal, podendo manter os seus contidos na web de UNIferia ata a celebración da próxima edición.
O pavillón está composto polos postos das universidades e todos eles contan con blogue, chat, correo electrónico, vídeos, oferta académica e ligazóns ás súas correspondentes páxinas web. Do mesmo xeito que as feiras tradicionais, este pavillón terá tamén diferentes salas de conferencias, cun aforo limitado, onde as universidades poderán realizar vídeo-conferencias sobre diferentes temas de interese.
A Universidade da Coruña, seguindo a iniciativa posta en marcha o ano pasado, traballa nunha nova edición das Xornadas de Portas Abertas Virtuais, co obxectivo de mostrar ao futuro alumnado a oferta académica dos Campus da Coruña e Ferrol, que será a principios do mes de abril.
O alumnado poderá interactuar cos centros e obter información directa así como solucionar posibles dúbidas. Ademais, a UDC ofrecerá información xeral de todas as titulacións que se imparten así como da vida universitaria con explicacións das actividades de cultura, deporte, etc que están en disposición de realizar o alumnado universitario.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?