Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os hubs galegos Dihgigal e Datalife aspiran a ser recoñecidos pola Unión Europea
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os hubs galegos Dihgigal e Datalife aspiran a ser recoñecidos pola Unión Europea

Redacción
Publicado: 23/02/2021
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

hub_innovacion_dixital_galicia.jpgA Axencia Galega de Innovación (GAIN) organizou este martes 23 de febreiro un webinario enmarcado na Semana Europea da Industria, no marco do cal mostráronse as destacables previsións dos Hubs de Innovación Dixital da nosa terra (dous arestora en activo). A sesión contou coa presenza do conselleiro de Economía Francisco Conde e da directora de GAIN, Patricia Argerey. Conde dixo que os hubs galegos son “instrumentos para apoiar a transformación do noso tecido empresarial, pensando fundamentalmente nas pequenas e medianas empresas”.
Na sesión tamén se fixo un repaso polas orixes e polos obxectivos de cada das iniciativas arestora en activo: Dihgigal, promovida polo Clúster de Empresas de Automoción de Galicia e que abrangue toda a cadea de valor da automoción, o naval, a alimentación, as TIC (Tecnoloxías da Información e a Comunicación), o téxtil, o sector da pedra, o forestal e a aeronáutica; e Datalife, impulsado por BIOGA, orientado ao uso da Intelixencia Artificial e o Big Data en pemes dos sectores primario, biotecnolóxico e da saúde.
Tal e como puxo de manifesto Conde, ambos proxectos aspiran a ser recoñecidos pola Unión Europea como Hubs de Innovación Dixital Europeos, nun proceso de selección que se abrirá de forma inminente.
O vicepresidente económico lembrou que nos dous últimos anos, estes Hubs estratéxicos para Galicia contaron co apoio técnico e financeiro da Xunta e que agora resulta “necesario abrir unha nova fase para impulsar o inicio das súas operacións cun novo convenio plurianual e o desenvolvemento de mecanismos que estimulen a realización de proxectos innovadores por parte das empresas”. Cara ao devandito, dixo, vai dirixido o programa Conecta Hubs, cuxa convocatoria abriuse a semana pasada cun orzamento de 6,8 millóns de euros para apoiar proxectos colaborativos de I+D+i nas áreas de especialización de ambos os dous hubs devanditos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?