Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación da Coruña festexa nas redes o Día de Rosalía
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación da Coruña festexa nas redes o Día de Rosalía

Redacción
Publicado: 24/02/2021
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

dia_de_rosalia_deputacion_coruna_cartaz.jpgA Deputación da Coruña, a través da súa área de Cultura, vai festexar o Día de Rosalía (este mércores 24 de febreiro) cunha xornada especial do seu festival online. Este desenvolverase ata o vindeiro 3 de marzo con novos contidos arredor da nosa escritora inmortal. A música Uxía, a escritora María Reimóndez e o remate do ruta arredor do territorio vital da poeta de Padrón son a aposta do Festival Rosalía da área de Cultura da Deputación da Coruña que chega á súa cuarta edición na Rede.
Así, está previsto que ao longo deste 24 de febreiro o Festival Rosalía achegue “novas visións ao redor da escritora”, desta vez da man da música Uxía e da escritora María Reimóndez, co seu vídeo 360º. Nesta xornada tamén chegará ao seu remate a serie divulgativa #Rosalía7lugares, que desvelou espazos de especial relevancia para a autora de Follas Novas, como o lugar de Camiño Novo, Ortoño, o Liceo de la Juventud ou Muxía, entre outros.
“A nova proposta na Rede está a sorprender con iniciativas distintas que levan á escritora a novas linguaxes e soportes e demostran o actual e poderosa que é a obra e a figura de Rosalía de Castro, unha verdadeira fortuna para a cultura galega”, sinala o deputado de Cultura, Xurxo Couto que participa hoxe nos actos oficiais organizados pola Fundación Rosalía en Santiago de Compostela.
Até o momento realizáronse máis dunha ducia publicacións, entre as que se atopan vídeos de escritoras e artistas como Rosalía Fernández Rial ou Larraitz Urruzola, así como doutras creadoras como Zaza Ceballos, Iria Ribadomar ou Sandra de Rego, que nos falaron da vixencia e a influencia da obra de Rosalía hoxe en día.
Ademais, nesta nova edición deuse inicio á serie de publicacións #Rosalía7lugares para coñecermos diferentes localizacións relevantes relacionadas coa vida da autora.
Nos días seguintes, e ata o día 3 de marzo, irán publicándose novas achegas e coñecendo novas perspectivas sobre Rosalía, como a da escritora Antía Yáñez, das músicas Guadi Galego ou Aid, así como do mundo do teatro, da man de Tero Rodríguez e Nate Borrajo, ou da creación, como a iniciativa Rosalía pioneira de Punto e coma, ou as de OZOCOgz e Rei Zentolo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?