Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021 apoiou xa máis de 350 iniciativas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021 apoiou xa máis de 350 iniciativas

Redacción
Publicado: 25/02/2021
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística
Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, fixo balance este 25 de febreiro da actividade xerada ata o de agora polo Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021. Segundo fixo saber na súa comparecencia no Parlamento, o fondo apoiou xa máis de 350 iniciativas de empresas e profesionais do sector, moitas delas directamente apoiadas directamente nos novos formatos tecnolóxicos de comunicación e difusión.
O representante autonómico lembrou que este repositorio de contidos creativos de interese cultural en galego púxose en marcha ao abeiro do Plan de Reactivación ao inicio da pandemia. Trátase, tal e como explicou, dunha iniciativa para “mellorar e preservar a actividade e o emprego no ámbito cultural de Galicia”, así como “para xerar contidos de calidade, tanto dixitais coma presenciais, a disposición de toda a cidadanía” e “inxectar liquidez inmediata nas industrias culturais e reforzar as súas estruturas”.
Segundo fixo saber, o éxito desta medida reflíctese no importante interese que espertou no sector, destinando dende a súa posta en marcha (a finais do mes de maio de 2020) 2,5 millóns de euros para apoiar os proxectos de empresas, cooperativas, entidades sen fin de lucro e profesionais autónomos.
Tres modalidades temáticas
Tamén explicou que a meirande parte das iniciativas apoiadas forma parte da modalidade destinada a proxectos musicais, audiovisuais e de artes escénicas, na que se impulsaron 148 proxectos. Esta tamén foi a modalidade a que se destinou un maior orzamento, representando o 43% do total. O eixo temático de dinamización da lingua galega, do patrimonio cultural e proxectos editoriais, literarios e expositivos impulsou a creación de 130 proxectos, dos que máis da metade se desenvolveron de xeito presencial.
Por último, a terceira das modalidades, dirixida ao ámbito xacobeo, turístico, xeográfico, paisaxístico, gastronómico e de usos e costumes sociais contou coa participación de 78 proxectos que se levaron a cabo, na súa meirande parte, a través de medios dixitais.
Valentín García lembrou que todas estas iniciativas deben apostar pola lingua galega e contaron cunha axuda máxima de 10.000 euros no caso de seren empresas, cooperativas e entidades se ánimo de lucro que xeren emprego, ou de 4.000 euros se se trataba de profesionais autónomos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?