Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Euskaltel acadou en 2020 récord de clientes e ingresos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Euskaltel acadou en 2020 récord de clientes e ingresos

Redacción
Publicado: 26/02/2021
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

euskaltel-rj658a-e1346-2.jpgO Grupo Euskaltel fixo balance das súas contas en 2020, un ano marcado pola pandemia e por un notable incremento, entre a cidadanía, de todo o relacionado cos servizos de telecomunicación nas súas moitas e variadas modalidades. Segundo se fai saber no reconto, o grupo, do que forma parte a operadora galega R, logrou récord de clientes e ingresos. En concreto, aumentou un 28 % o seu beneficio neto e conseguiu un resultado neto de 79,4 millóns de euros (sendo 62 millóns de euros os rexistrados en 2019).
Amais, os ingresos do grupo medraron un 1,7 % ata acadar unha cifra récord de 697,1 millóns de euros.
A maiores, 2020, que foi o ano do lanzamento de Virgin Telco (a división do grupo do ámbito estatal), supuxo a confirmación da evolución da súa nova marca, “por riba de todas as expectativas en 2020”, con máis de 71.000 novos clientes en apenas 7 meses, superando en máis dun 50 % o obxectivo previsto para fin de 2020.
Respecto das cifras xerais do grupo, acadou o récord dos 823.000 clientes no mercado masivo, un 7% máis de usuarios que os rexistrados en 2019.
Por segmentos, os servizos que máis medraron no último trimestre foron o de telecomunicacións móbiles, con 80.000 servizos máis contratados, e un crecemento do 7 %, e banda larga ultrarrápida, con 58.000 servizos máis que en 2019, un 10 % máis.
Os produtos e servizos de alto valor contratados nos fogares ascenden xa a unha cifra récord de case 3 millóns.
O mercado de empresas presenta a maior suba de ingresos da súa historia, aumentando de xeito significativo nun 3,3 % en 2020, e un 1,4 % na súa base de clientes, ata acadar as 16.000 empresas clientes do Grupo.
O informe tamén indica que o Grupo Euskaltel acadou unha cobertura de rede de fibra óptica de máis de 23,4 millóns de fogares a nivel estatal, tras incorporar máis de 18 millóns de fogares en 2020.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?