
Case 40 empresas formarán parte deste foro, unha cifra moi semellante a do ano pasado, que marcou un récord de participación con respecto a anteriores edicións. R, Deloitte, Repsol, Coca-Cola, a fundación FEUGA, Imatia e Optare son as entidades más clásicas que se manteñen un ano máis.
O principal obxectivo desta edición é manterse como nexo de unión entre o mundo empresarial e o alumnado, dando a oportunidade a este último de ampliar os seus horizontes e de perder o medo a comunicarse cunha empresa. “Unido a este obxectivo atópase o de trasladar todas as actividades que teñen lugar no foro presencial ou virtual, demostrando a versatilidade e fortaleza da organización e a actualización constante do foro, razóns polas que leva 20 anos de éxito”, destaca Laura Andrés Hergueda, estudante do Mestrado en Enxeñaría de Minas e coordinadora desta edición.
Esta edición mantén o ciclo de obradoiros e conferencias, así como un vestíbulo virtual onde as empresas participantes disporán do seu posto para aconsellar a que se achegue a eles, informar das súas actividades e dos perfís que buscan para unha futura incorporación e recoller currículos.
O formato virtual deste ano dará a posibilidade para que empresas ou incluso o alumnado das enxeñarías de Informática e Aeroespacial do Campus de Ourense, ou Forestal de Pontevedra poidan asistir sen que o factor desprazamento sexa un problema.
O Foro Tecnolóxico de Emprego celebrarase do 3 ao 5 de marzo de forma virtual
Compartir Este Artigo

