Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Vodafone xa ten 3,2 millóns de liñas activas da Internet das Cousas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Vodafone xa ten 3,2 millóns de liñas activas da Internet das Cousas

Redacción
Publicado: 26/02/2021
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

iot-de-vodafone.jpgVodafone fixo reconto dos seus últimos fitos en materia da Internet das Cousas (IoT), unha tecnoloxía pola que ten apostado forte a operadora poñendo o foco no importante potencial dos obxectos conectados para acadar, en boa medida, actividades produtivas e enerxéticas mellor xestionadas e sustentables. En concreto, a compañía pechou decembro de 2020 con 3,2 millóns de liñas activas da Internet das Cousas, o que supuxo 480.000 novas liñas desde que comezase o seu ano fiscal en abril.
Estes datos reflicten un incremento do 35% respecto ao mesmo período do ano anterior, e mostra a tendencia á alza da operadora neste segmento de mercado.
A nivel mundial, de feito, Vodafone conecta 118 millóns de dispositivos con IoT.
En canto á distribución por sectores, están á cabeza en captación de liñas IoT os negocios relacionados coa seguridade, a banca e o ámbito do smart metering, eidos seguidos da agricultura e a sanidade.
Unha das claves do éxito de Vodafone neste mercados semellan ser as súas solucións IoT sobre a Plataforma Global M2M, unha ferramenta que permite prestar un servizo integral de xestión de conexións IoT en todo o mundo desde España ou o país onde radique o cliente. “Isto fai posible ofrecer ás empresas unha gran flexibilidade na súa capacidade de autoxestionar as conexións, xa que pode monitorizar o estado de cada SIM en tempo real”, explica a compañía.
Beneficios ambientais do uso da tecnoloxía de Vodafone
Vodafone fai saber que a maioría dos beneficios ambientais derivados do uso da tecnoloxía están asociados á redución das emisións de CO2 “como resultado dunha diminución no consumo de electricidade, gas e combustibles”, aínda que tamén poden ter ligados outros beneficios ambientais como a redución ou a optimización nos consumos de recursos como a auga, materias primas, residuos, etc, e a mellora dos procesos de economía circular e economía colaborativa, así como outros relacionados co desenvolvemento da poboación en zonas rurais ou deshabitadas.
“A tecnoloxía e servizos de Vodafone proporcionan aos seus clientes empresariais os medios suficientes para reducir as súas emisións de gases de efecto invernadoiro”, apunta a empresa. Inclúense no grupo de recursos IoT os medidores intelixentes de enerxía (que permiten ás empresas, autoridades municipais e fogares administrar e reducir o seu uso de enerxía), as Cidades Intelixentes (conectadas para mellorar a eficiencia dos servizos intensivos de enerxía, como o transporte público, as redes de estradas e a iluminación) ou as tecnoloxías IoT integradas en vehículos para optimizar a xestión de rutas, o mantemento e o desempeño dos condutores, o que ofrece un aforro no consumo de carburantes de ata un 30%, entre outros.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?