Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Até 180 persoas inician esta semana a formación preparatoria para a obtención da CODIX nas aulas CeMIT
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Até 180 persoas inician esta semana a formación preparatoria para a obtención da CODIX nas aulas CeMIT

Redacción
Publicado: 01/03/2021
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

ofimatica_codix.jpgA Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) activa este 1 de marzo as actividades formativas para a obtención do certificado galego de competencias dixitais en ofimática da Xunta (CODIX). En concreto, achegaranse contidos ás 180 persoas que se matricularon nestes días no curso de teleformación preparatorio previo ao exame presencial que terá lugar no mes de maio, unha vez rematada a devandita formación.
O curso de preparación de 190 horas de duración impártese na modalidade de teleformación con titorías de apoio, polo que soamente será necesario contar cun ordenador persoal e conexión a Internet para seguir a formación desde calquera lugar e en calquera momento.
En canto ao perfil das 180 persoas matriculadas, seleccionadas de entre 2.545 solicitudes de inscrición, saliéntase que a media de idade é de 40 anos e que unha gran maioría son mulleres (149 mulleres por 32 homes).
Polo que se refire á procedencia, seguen a ser maioritarias as domiciliadas nas provincias da Coruña e Pontevedra, con 93 e 49 participantes respectivamente, fronte ás 27 persoas da provincia de Lugo e as 11 procedentes de Ourense.
AMTEGA lembra tamén que as persoas demandantes de emprego ou cunha discapacidade igual ou superior ao 33% gozaron de exención no pagamento das taxas de exame. Das 180 persoas matriculadas, 62 son demandantes de emprego e 8 son persoas con discapacidade.
Plan formativo ofimático de Galicia
Durante as 12 semanas de duración deste curso, as persoas matriculadas formaranse nos contidos que compoñen o Plan formativo ofimático de Galicia, composto actualmente polas cinco unidades nas que se estrutura o módulo formativo MF0233_2 Ofimática (190 horas) do Repertorio Nacional de certificados de profesionalidade:
• Sistema operativo, busca da información: Internet/intranet e correo electrónico (30 h)
• Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais. LibreOffice Base (50 h)
• Aplicacións informáticas para presentacións: gráficas de información. LibreOffice Impress (30 h)
• Aplicacións informáticas de tratamento de textos. LibreOffice Writer (30 h)
• Aplicacións informáticas de follas de cálculo. LibreOffice Calc (50 h)
Todos estes contidos están abertos e poden ser consultados libremente na plataforma de teleformación da Rede CeMIT, baixo a modalidade de autoformación.
Próxima convocatoria de exames presenciais
Esta convocatoria forma parte do Plan de formación da Rede CeMIT para este ano 2021, que terá a súa continuación con novos exames presenciais neste primeiro semestre para aqueles cidadáns que xa posúan os coñecementos necesarios (ben pola súa experiencia no manexo destas aplicacións, pola formación adquirida por outras vías ou por que opten pola modalidade autoformativa), ata chegar a un número superior ás 1.500 prazas dispoñibles para que a cidadanía poida acreditar as capacidades, destrezas e coñecementos en ofimática definidos no devandito plan.
Desde a habilitación da Rede CeMIT para a formación e avaliación dos contidos formativos do CODIX en maio de 2014, foron máis de 9.200 as prazas convocadas nas súas diferentes modalidades (2.839 en cursos de teleformación titorizada e 6.392 en probas presenciais de acceso libre) e 4.200 as persoas que obtiveron a certificación emitida por parte da AMTEGA despois de superar as probas convocadas nas aulas da Rede CeMIT.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?