Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A UVigo e Telefónica distinguirán as mellores propostas para os retos do desenvolvemento sustentable
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A UVigo e Telefónica distinguirán as mellores propostas para os retos do desenvolvemento sustentable

Redacción
Publicado: 02/03/2021
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

uvigo_ods.jpgOs Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable, conxunto de metas globais (un total de 17) para erradicar a pobreza, protexer o planeta e asegurar a prosperidade para todos e todas, son a base dun certame que veñen de convocar a Universidade de Vigo e a Telefónica a través da súa cátedra conxunta. Estamos a falar dos Premios Innovación Sostible, unha iniciativa que ten por obxecto o recoñecemento dos Traballos de fin de Mestrado (TFM) realizados polo alumnado da Universidade de Vigo que se distingan por ser especialmente relevantes en las temáticas relacionadas con ODS.
En total, outorgaranse cinco premios dotados de 500€ cada un deles, para os mellores traballos que presenten propostas de innovación que aborden melloras aos problemas da humanidade relacionados coa Axenda 2030.
Pode participar nesta convocatoria o alumnado que teña presentado o TFM durante o curso 2019/2020 na Universidade de Vigo cunha cualificación igual a superior a 7 puntos. A temática debe estar relacionada con algún dos 17 obxectivos da Axenda 2030.
O prazo de presentación das candidaturas está aberto ata o 5 de marzo de 2021. As persoas candidatas deberán presentar un informe do TFM resaltando o obxectivo da Axenda 2030 relacionado co traballo, a súa innovación, posibilidade e viabilidade de seu desenvolvemento e repercusión social.
A selección será efectuada por unha comisión composta polos profesores Javier Rodeiro, da Área de Linguaxes e Sistemas Informáticos; Elena Alonso Prieto, da Área de Explotación de Minas e directora da EEME; Camilo Carrillo, da Área de Enxeñaría Eléctrica; Íñigo Cuiñas, da Área de Teoría do Sinal e Comunicacións; Beatriz Legerén, d Comunicación Audiovisual e Publicidade; María Montero, da Área de Fundamentos da Análise Económica e Benedicto Soto, de Edafoloxía.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?