Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Intelixencia Artificial estará presente en todas as etapas do ensino en Galicia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Intelixencia Artificial estará presente en todas as etapas do ensino en Galicia

Redacción
Publicado: 03/03/2021
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

O conselleiro Román Rodríguez nunha presentación celebrada recentemente
O conselleiro Román Rodríguez nunha presentación celebrada recentemente
O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, presidiu esta mañá a constitución do Grupo de Expertos en Intelixencia Artificial que será encargado de deseñar a folla de ruta dos vindeiros anos no sistema educativo galego no que atinxe á innovación e ás competencias STEM vinculadas á Intelixencia Artificial (IA), perseguindo implementar a IA en todas as etapas do ensino en Galicia, como unha das liñas de acción enmarcadas na futura Estratexia Dixital.
A proposta da Consellería é abordar a Intelixencia Artificial cun enfoque transversal en todas as etapas educativas, desde a base do sistema en primaria ata a universidade, e co deseño de currículos específicos para as etapas superiores.
Isto implica o deseño de propostas curriculares completas que integren os contidos e competencias vinculados á IA, o desenvolvemento de materiais específicos e a dotación de equipamento para a integración curricular destas disciplinas. Así mesmo farase especial fincapé na formación integral do profesorado, para o cal tamén está previsto impulsar un novo marco de competencias dixitais para a comunidade educativa.
O grupo de expertos constituído hoxe, e que está formado por profesionais das tres universidades e docentes especializados en novas tecnoloxías que contan cunha ampla experiencia previa nas aulas, así como por técnicos da administración, será, en palabras de Román Rodríguez, «o laboratorio de ideas do que xurdirán as distintas accións específicas que despois teremos que aplicar no sistema».
20210303_ia_02.jpgCómpre lembrar que o sistema educativo galego conta xa cunha experiencia previa neste ámbito como a implantación do proxecto E-dixgal, de libro dixital, os programas de introdución á Robótica en Primaria, os Club de Ciencia, os Espazos Maker ou o Bacharelato STEM (Stembach). Moitos deles arrancaron como experiencia piloto e hoxe en día están consolidados.
O obxectivo agora é afianzar o camiño iniciado, pero reforzándoo con novas propostas transversais e integradas no traballo ordinario dos centros educativos.
No ámbito universitario, o Grupo de Expertos de Intelixencia Artificial está constituído por Francisco Javier Bellas (da Universidade da Coruña), Senén Barro (da Universidade de Santiago de Compostela) e Florentino Fernández (da Universidade de Vigo). En representación docente participan Mª Jesús Casado, profesora de matemáticas do IES Daviña Rei (Monforte) e coordinadora TIC; Xosé Viñas, profesor do IES David Buján (Cambre), que forma parte do Proxecto Dixit (para a elaboración de materiais para E-Dixgal, en coordinación con Amtega); e Concepción Fernández, profesora de formación do CAFI e responsable da Aula Nova-Space Maker. Así mesmo tamén participan representantes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade e da AMTEGA.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?