Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Escola de Enxeñaría de Telecomunicación elixe á profesora Rebeca Díaz como nova directora
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Escola de Enxeñaría de Telecomunicación elixe á profesora Rebeca Díaz como nova directora

Redacción
Publicado: 04/03/2021
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

uvigo_telecomunicacion_rebeca1.jpgA Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da UVigo volve ter unha directora á súa fronte. Trátase da profesora Rebeca P. Díaz, quen acadou o apoio maioritario da xunta de centro nas eleccións celebradas este mércores. A profesora será a segunda muller que se responsabilice da Escola, logo do mandato recente de Edita Lorenzo.
Xunto a Díaz Redondo, o novo equipo directivo do centro está formado polos docentes e investigadores Pedro Comesaña, como subdirector de Organización Académica; María Verónica Santalla, de Internacionalización e Infraestruturas; María Loreto Rodríguez, de Calidade; Laura Docío, de Captación e difusión, e Pedro Salvador Rodríguez, secretaría e novas titulacións. “Creo que as persoas do meu equipo, todas elas doutoras, poden ser definidas coma unha combinación óptima de experiencia e iniciativa”, defende a xa directora electa da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación.
Profesora titular desde o ano 2004, Rebeca P. Díaz Redondo defendeu dende o inicio da campaña electoral o bo traballo desenvolvido polas direccións anteriores e, en concreto, pola agora saínte: “Pola miña banda procurarei reforzar os numerosos puntos fortes da escola e traballar aqueles aspectos que se poden e deben mellorar, tendo en conta os desafíos aos que nos enfrontaremos nos próximos anos”.
No referente á súa experiencia en xestión, por unha banda, dentro do ámbito académico, destaca o seu papel como coordinadora do Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación e, previamente como secretaria de departamento; e, da outra, admite que onde conseguiu unha experiencia máis ampla no eido da xestión foi como coordinadora de grandes consorcios en proxectos europeos, sendo a primeira persoa da UVigo en coordinar un consorcio do programa Eramus Mundus, Action 2, financiado con máis de 4 millóns de euros, e tamén a primeira en coordinar un consorcio do programa Capacity Building in Higher Education, financiado con case un millón de euros.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?