Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Televés lidera un proxecto facer avanzar a dixitalización e a sustentabilidade nas Illas Baleares
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Televés lidera un proxecto facer avanzar a dixitalización e a sustentabilidade nas Illas Baleares

Redacción
Publicado: 05/03/2021
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

televes_hotelnextgeneu.jpgA compañía galega Televés presentou estes días detalles dun proxecto para impulsar o uso de enerxía sustentable no sector hostaleiro e o sector público das Illas Baleares. O proxecto liderado por Televés chámase Circularidad e Hotel NextGenEU. Segundo explica a empresa de telecomunicacións de Santiago, a iniciativa conta cun forte apoio público-privado (incluíndo ao Goberno Balear, municipios e entidades do sector). O seu obxectivo concreto é transformar tecnoloxicamente establecementos de Balears e edificios públicos de Eivissa en inmóbeis de ceo emisións e altamente eficientes.
Para acadalo, bótase man do concepto de circularidade enerxética, aplicable non só a un mellor uso da enerxía senón tamén ao autoconsumo (por exemplo a recarga de automóbiles eléctricos).
Na iniciativa Televés conta co apoio de actores colaboradores como son o Consell de Eivissa, as principais cadeas hostaleiras das Baleares (Iberostar, Grupo Piñero, Palladium e RIU) e empresas de referencia na dixitalización e eficiencia enerxética dos hoteis (Televés, AnySolution, Sampol e INETUM), ademais conta co apoio do Goberno Balear, todos os Concellos de Eivissa e as principais entidades do sector turístico balear.
Televés explica que ao abeiro deste proxecto búscase “xerar un efecto tractor sobre o turismo sustentable, tendo un efecto chamada cara ao resto da cadea de valor do sector turístico, pero tamén cara á administración pública, favorecendo ademais a diversificación económica cara a actividades tecnolóxicas e co obxectivo de converter as illas nunha referencia europea de enerxías limpas.
Para iso, Circularidad e NextGenHotel buscará a modernización do sector turístico e o uso eficiente dos recursos enerxéticos como principais obxectivos, “pondo o foco na oportunidade que supoñen os avances en dixitalización, grazas aos cales lograranse importantes aforros enerxéticos, ademais doutras vantaxes que inclúe a proposta”, explica Televés.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?