Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Paula López, directora adxunta do CiTIUS, máxima responsable do proxecto europeo MENELAOS
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Paula López, directora adxunta do CiTIUS, máxima responsable do proxecto europeo MENELAOS

Redacción
Publicado: 09/03/2021
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

paulalopez_citius.jpgA directora adxunta do CiTIUS da Universidade de Santiago, Paula López Martínez, foi elixida como a máxima responsable do proxecto MENELAOSNT, unha rede de formación de novos doutores a nivel europeo financiada polo competitivo programa de axudas Horizonte 2020. En virtude disto, a dirección científica do proxecto (coordinado ata o de agora dende a Universidade de Siegen, Alemaña) trasládase desta maneira ao centro de investigación en Intelixencia Artificial situado en Santiago de Compostela, mentres que a coordinación executiva da actividade dos socios seguirá realizándose desde a institución alemá.
O nomeamento, proposto polo director saínte do proxecto, o investigador Otmar Loffeld (que seguirá vinculado ao proxecto como consultor científico), converte tamén á directora adxunta do CiTIUS en permanent guest scientist da Universidade de Siegen.
O proxecto MENELAOSNT afronta o reto urxente de explorar o mundo que nos rodea a escala micro e macroscópica, a través da ciencia e a tecnoloxía. O obxectivo desta rede de investigación é “proporcionar aos científicos coñecementos máis profundos, unha mellor comprensión e máis información para entender e facer monitoraxe dos procesos que teñen lugar na nosa contorna, co obxectivo de poder predicir, e mesmo controlar, posibles evolucións críticas”.
Segundo explica o CiTIUS, o proxecto MENELAOSNT aplica novas tecnoloxías para realizar unha fusión de datos multimodal-multisensor, é dicir, conseguir combinar de maneira óptima os datos rexistrados por diferentes tipos de sensores e a diferentes escalas, con diferentes resolucións e distinta fiabilidade.
Integrado por 7 socios de 5 países diferentes, o consorcio está dotado cun orzamento global de máis de 3,6 millóns de euros en total, destinados a impulsar novas xeracións de científicos en liña cos Principios da UE sobre Formación Doutoral Innovadora.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?