Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Data Monitoring gaña os Premios EmprendedorXXI en Galicia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Data Monitoring gaña os Premios EmprendedorXXI en Galicia

Redacción
Publicado: 11/03/2021
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

ganador_premio_emprendedorxxi_2.jpgA empresa Data Monitoring impúxose nos Premios EmprendedorXXI en Galicia, impulsados por CaixaBank, a través de DayOne, a súa división especializada para empresas de tecnoloxía, innovación e os seus investidores, e cooutorgados polo Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, a través de Enisa. En Galicia, a organización dos Premios EmprendedorXXI conta co apoio do Igape.
Data Monitoring é unha empresa luguesa de base tecnolóxica que ofrece solucións integrais de control de máquinas e procesos, a través da Internet das Cousas e Big Data. Está altamente especializada na monitoraxe de líquidos (auga, cervexa, viño, leite…) durante o seu ciclo de vida e produción, mediante o uso de sensores que transmiten en tempo real os datos.
O premio inclúe unha dotación económica de 5.000 euros, o acceso a un programa de formación internacional organizado por ESADE en colaboración con expertos de Silicon Valley e mentoring especializado.
A pesar da situación excepcional que estamos a vivir pola COVID-19, CaixaBank e ENISA seguen impulsando e apoiando a actividade emprendedora, así como recoñecendo o importante labor que desempeñan. Nesta ocasión, o acto de entrega realizouse de forma telemática, nunha sesión na que participaron Rafael Herrador, director territorial de CaixaBank, Álvaro Froitos, secretario xeral de ENISA, entre outros relatores. O acto de entrega dos premios realizouse no marco da xornada DayOne Innovation Summit Banca XXI, onde se realizaron xornadas relacionadas coa ciberseguridad, a colaboración entre Fintech e banca, así como a maneira en que os chatbots e Voicefirst cambiarán a forma de comunicarse cos clientes.
Nesta edición, en Galicia participaron 32 empresas. As finalistas tamén estiveron presentes no acto de entrega e presentado os seus proxectos:
– Norlean: ofrece unha plataforma de simulación 3D a través de ferramentas de software de xemelgo dixital. Os seus desenvolvementos permiten visualizar os datos e resultados dunha compañía integrando o modelo de negocio e os seus procesos.
– Triplo Alpha: almacena e analiza datos xerados en procesos industriais para transformalos en coñecemento mediante Business Intelligence e Machine Learning.
– Tappy: ofrece unha innovadora solución para a venda de cervexa en billa, que permite, sen intermediarios, a través dunha app e mediante código QR, a súa activación.
– Osigris: software que facilita a comunicación e o seguimento da xestión de clientes agrícolas. Permite ademais ao agricultor a realización do caderno de campo de acordo á normativa.

Premios ás mellores empresas de cada territorio e de cada sector

Nesta edición, na que participaron un total de 955 empresas de España e Portugal, entréganse 19 galardóns a nivel territorial ás empresas de nova creación con maior impacto no seu territorio: 17 en España (un por comunidade autónoma) e 2 en Portugal (zona norte-centro e Lisboa-sur e Illas), que recibirán un premio en metálico de 5.000 euros.
Ademais, premiarase ás empresas que ofrezan as mellores solucións aos principais retos da sociedade actual, que obterán un premio en metálico de 15.000 euros. En total, definíronse un total de 8 retos: Cidade XXI (cidades máis sostibles, seguras, conectadas e adaptadas), Vive XXI (dixitalización, novos modelos de negocio e reactivación do sector hostaleiro, restauración, turismo e lecer), Benestar XXI (a saúde dos cidadáns), Semente XXI (transformación dixital e innovación no sector agroalimentario), Planeta XXI (a sustentabilidade ambiental), Banca XXI (un novo modelo de banca máis próxima ao cliente), Xuntos XXI (iniciativas de impacto social), Deeptech XXI (aumentar a competitividade da industria grazas á ciencia e a transferencia tecnolóxica).
Tanto os gañadores a nivel territorial como os gañadores das diferentes categorías e un finalista de cada reto tamén terán acceso a un programa de formación internacional e mentoring especializado.
Ademais, todas as empresas gañadoras dos premios e as finalistas dos retos participarán no Investors Day EmprendedorXXI e todos os participantes desta edición poderán acceder ao DayOne Open Innovation Program para realizar unha proba de concepto con CaixaBank.
Este ano, os galardóns contan co apoio de AgroBank, CaixaBank Dixital Business, CaixaBank Payments & Consumer, Zone2 boost, Imagin, MicroBank, VidaCaixa, Banca de Empresas, Negocio Inmobiliario, CaixaBank Hotels& Tourism, Banca Privada, Banca de Particulares, CaixaBank Séniores e CaixaBank Negocios.
Así mesmo, a convocatoria conta co apoio e colaboración de entidades internacionais como a Embaixada de Israel en España ou a Agência Nacional dá Inovaçao de Portugal.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?