Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: En Santiago, o proxecto intelixente Biolumen pasa a denominarse Cromalux
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

En Santiago, o proxecto intelixente Biolumen pasa a denominarse Cromalux

Redacción
Publicado: 11/03/2021
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

Na presentación de Cromalux, Gumersindo Guinarte, concelleiro de Turismo de Santiago e Sebastián Pantoja, director de Programas Estratéxicos de Televés
Na presentación de Cromalux, Gumersindo Guinarte, concelleiro de Turismo de Santiago e Sebastián Pantoja, director de Programas Estratéxicos de Televés
O Concello de Santiago de Compostela lanzou un concurso de fotografía para premiar as mellores imaxes nocturnas dos edificios con alto valor patrimonial. O certame, que xa está aberto, ofrece a oportunidade de comunicar visualmente os retos lumínicos aos que se enfronta a cidade no seu vieiro cara a un mellor control da colonización biolóxica nas fachadas dos edificios de alto valor patrimonial e nos monumentos. As bases do concurso, no que participa a compañía local Televés, pódense atopar na web do Concello de Santiago de Compostela.
O obxectivo é “destacar a importancia que desempeña a luz e a iluminación na vida das persoas a través dun uso razoable e sustentable da enerxía en áreas fundamentais que van desde a tecnoloxía ata o desenvolvemento respectuoso co medio ambiente, pasando pola cultura e a educación”.
A iniciativa, denominada anteriormente como Biolumen, pasa agora a denominarse Cromalux. Presentouse oficialmente o pasado mes de novembro e forma parte do proxecto de compra pública innovadora (CPI) Smartiago que se desenvolve en virtude dun convenio de colaboración da Liña FID (Fomento da Innovación desde a Demanda) entre o Ministerio de Ciencia e Innovación e o Concello de Santiago de Compostela.
O consorcio, formado por Televés, a Universidade de Santiago de Compostela e Ferrovial Servizos, e promovido polo Concello de Santiago, puxo en marcha o proxecto piloto de iluminación intelixente que xa se está aplicando á fachada da Casa do Cabildo, na praza de Praterías de Santiago.
No laboratorio, os primeiros estudos realizados pola Universidade de Santiago de Compostela desde decembro do pasado ano confirman os efectos esperados por parte das luminarias ensaiadas.
A implementación do proxecto no edificio, que comezará a mediados do presente ano, derivará no desenvolvemento global deste sistema de iluminación eficiente e medioambientalmente responsable para o control da colonización biolóxica (efecto biostático), baseado en tecnoloxía LED, con telecontrol da iluminación e integrado na arquitectura dos edificios. “Santiago de Compostela convértese así en modelo de conservación do patrimonio a través da iluminación pública”, informou Televés.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?