Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: R mellora a Wi-Fi no fogar co novo servizo WiFi Mesh
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

R mellora a Wi-Fi no fogar co novo servizo WiFi Mesh

Redacción
Publicado: 15/03/2021
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

wifi-mesh-repetidores.jpgR puxo en marcha o servizo WiFi Mesh, co que aborda o problema que os usuarios adoitan reportar aos operadores sobre os problemas de Wi-Fi nos fogares. De feito, un estudo recente de R revela que o 90% dos clientes de Galicia utilizan Wi-Fi para conectarse no seu fogar nalgún momento, mentres que o 47% opta única e exclusivamente polo servizo de Wi-Fi para acceder á Rede, de aí que sexa tan importante para eles gozar dunha boa conexión sen fíos.
O aumento de equipos conectados á rede provoca problemas de cobertura ou de diminución das velocidades de descarga homoxénea en todos os cuartos, xa que os máis afastados do router poden ver diminuída a potencia e a fluidez do sinal, co risco de desconexións inoportunas. Ante esta situación a tecnoloxía de WiFi Mesh R permite unha mellora substancial da cobertura na súa vivenda, e acada velocidades moi superiores en Wi-Fi que repetidores ou outras tecnoloxías como o PLC, conseguindo tamén un sinal máis estable, resultando esta solución especialmente beneficiosa en vivendas de grande tamaño ou con muros e piares estruturais que impiden a correcta recepción do sinal. Agora, o sinal pode chegar mesmo ata os recunchos máis escondidos e afastados do router emisor do sinal, e sen necesidade de instalar cables.
wifi-mesh-como-funciona.jpgPara poder gozar de todas as capacidades deste sistema, é necesario instalar na casa cando menos dous dispositivos de WiFi Mesh. Estes amplificadores intelixentes comunícanse entre si para formar unha rede Wi-Fi única, con algoritmos específicos que garanten a cada un dos dispositivos do fogar (smartphones, tabletas, consolas, aparellos de domótica, cámaras, alarmas, termóstatos, etc.) estar conectados á rede de tipo malla e ter así, sempre, o mellor sinal e a menor latencia posibles, mesmo nas vivendas de gran superficie. Grazas a estes algoritmos, cada dispositivo conectarase sempre á caixa Mesh que mellor cobertura lle dea.
Os dispositivos de WiFi Mesh son bastante pequenos e teñen un deseño e unha estética coidada, pensada para pasar desapercibidos no fogar e mesmo converterse en elementos decorativos.
A instalación destes amplificadores intelixentes é moi sinxela: só hai que conectar unha das caixas Mesh ao router por cable e emparellar o resto dos amplificadores Mesh premendo un botón nelas. Non é preciso configurar nada.
unha_wifi_coma_unha_casa.jpgR ofrece a posibilidade de xestionar a rede Wi-Fi dende a súa app para consultar e cambiar o nome da rede, restablecer o contrasinal, consultar que dispositivos están conectados, permitir ou bloquear a navegación dos devanditos dispositivos e realizar un diagnostico automático para detectar posibles problemas e solucionalos no momento, entre outras opcións. Trátase dun sistema moi seguro e intelixente.
En definitiva, con WiFi Mesh, os clientes de R disporán dunha cobertura Wi-Fi mellorada, máis velocidade na conexión e maior estabilidade en todos os dispositivos do fogar. De aí o lema da campaña publicitaria deste novo servizo avanzado de R: “Unha Wi-Fi coma unha casa”.
A solución de Wifi Mesh R inclúe dous amplificadores intelixentes por 4 euros/mes durante 24 meses, un prezo incrible en comparación cos prezos de mercado desta tecnoloxía que, coas mesmas prestacións, se sitúan por riba dos 200 €.
E ademais, aos clientes de combo infinito os dous amplificadores intelixentes Wifi Mesh sáenlles a 0 euros ao mes. Unicamente terán unha cota de alta de 15 euros. É dicir, quen xa conta con Internet, TV, telefonía fixa e unha liña móbil ilimitada gozará dun desconto do 100% na cota mensual mentres dispoña do combo infinito.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?