R vén de facer balance das súas actuacións para dotar de Internet de alta velocidade aos polígonos composteláns. Segundo fai saber, un total de 780 empresas e emprendedores/as das contornas industriais de Costa Vella e do Tambre poden beneficiarse xa das melloras da rede da operadora, que vén de despregar unha nova tecnoloxía de fibra óptica que ofrece velocidades de ata 1 Gbps simétrico, con maior seguridade e con accesos á rede moito máis estables e homoxéneos.
A aposta de R para despregar esta nova rede de fibra abrangue tamén noutras zonas industriais da nosa xeografía e é un eixe de actuación que, nas súas palabras, “permite ofrecer unha mellora destacada do seu servizo nun total de 24 polígonos empresariais de Galicia, que aglutinan preto de 9.000 empresas e persoas autónomas, un 8% desa cifra nestas áreas compostelás”.
R leva a súa nova tecnoloxía de fibra aos dous polígonos composteláns
Compartir Este Artigo
