Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Entregados no Parlamento os Premios Publicidade en Galego, edición 2021
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Entregados no Parlamento os Premios Publicidade en Galego, edición 2021

Redacción
Publicado: 22/03/2021
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

20210322_premios_publicidade_en_galego.jpgO Parlamento de Galicia acolleu este 22 de marzo a entrega dos Premios Publicidade en Galego 2021, uns recoñecementos dirixidos a distinguir as máis relevantes contribucións á actividade publicitaria na nosa terra e, máis polo miúdo, a creatividade dos anuncios en calquera formato achegados na nosa lingua. Na cita participou o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez.
20210322_premios_publicidade_en_galego_3.jpgDurante a entrega, na que tamén interviñeron o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices, e o presidente do Foro Enrique Peinador, Xosé González Martínez, o titular de Cultura avanzou que a Xunta de Galicia está traballando para que o galego poida estar presente en todos os ámbitos da publicidade, para o cal estase analizando a situación en Internet.
Os Premios de Publicidade en Galego 2021 recoñeceron na edición deste ano as campañas e accións publicitarias feitas por Ecovigo para Hidrotec-Tecnología del agua, por Neozink para o Grupo Cuevas, por 100×100 Creatividade+Comunicación para o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e por &Rosás para Martín Codax. Na modalidade de centro educativo as galardoadas foron unha alumna e unha profesora do instituto IES Leixa de Ferrol, mentres os laboratorios Zeltia recibiron a mención de honra.
20210322_premios_publicidade_en_galego_2.jpgOs galardóns veñen cada ano da man da Consellería de Cultura e Educación (Secretaría de Política Lingüística), o Parlamento Galego e o Foro Enrique Peinador. Incluíronse nesta convocatoria cinco categorías: radio, televisión, Internet, prensa escrita e centros de formación. O prazo de inscrición rematou o 30 de decembro.
Na pasada edición, resultaron premiados os proxectos Benvidos novos Larseiros!, da empresa Larsa e a axencia BAP Conde; Martín Códax, Fillo do Atlántico, da empresa Martín Códax e a axencia &Rosás (con dous galardóns, na categoría de televisión e de prensa); Queixos Hoxe, da Cooperativa HOXE e a axencia Pío García Audiovisuais, S.L., e Stop_Bullyng, do IES Leixa de Ferrol (A Coruña).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?