Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CCG remodela a web do Arquivo Sonoro de Galicia para achegar os fondos á cidadanía
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CCG remodela a web do Arquivo Sonoro de Galicia para achegar os fondos á cidadanía

Redacción
Publicado: 22/03/2021
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

ccg_pr_destacado-asg.jpgO Consello da Cultura Galega vén de dar unha viraxe á web do Arquivo Sonoro de Galicia co obxectivo de acurtar as distancias entre os fondos que acubilla, por unha banda, e a comunidade de usuarios da Rede, pola outra. Trátase duns 10.000 ficheiros e dunhas 6.000 voces de figuras senlleiras da nosa cultura que están, a partir de xa, accesibles na nosa pantalla.
A remodelación constitúe a primeira fase dun proxecto que pretende contribuír de xeito progresivo á visibilización do material que custodia a institución. Xosé Ramón Pousa é o actual director do arquivo, que abrangue fondos editados e inéditos e que foi creado en 1992 coa finalidade de “contribuír á recuperación do patrimonio sonoro galego e aglutinar en Galicia as distintas iniciativas que traballan co mesmo afán”.
Actualmente está dirixido por Xosé Ramón Pousa e ten entre os seus membros con Rafael Cid, Concha Losada, Xulia Feixoo, Mónica Rebolo, Xerardo Dasairas Valsa e Cristina Pujales.
Fondos editados
Cilindros de cera, rolos de pianola, cartuchos de casetes, casetes, vinilos, CD, DVD…, son moitos e moi variados os formatos dos máis de 10.000 fondos editados que custodia o Arquivo Sonoro de Galicia. A consulta deses contidos pode facerse a través do web pero tamén a través do catálogo da Rede de Bibliotecas de Galicia.
Segundo destaca o Consello da Cultura, entre os elementos máis destacados que acubilla a web atópanse os arquivos do Proxecto Lousas, iniciativa que puxo na rede unha parte destacada das 700 lousas que inclúen desde as primeiras gravacións de 1904 do Coro Aires da Terra de Pontevedra ou os numerosos rexistros editados na emigración bonaerense e cubana, ata cancións galegas interpretadas polas voces máis destacadas da época.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?