Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: R e o Círculo de Empresarios de Galicia volven xuntan forzas para impulsar a transformación tecnolóxica da nosa terra
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

R e o Círculo de Empresarios de Galicia volven xuntan forzas para impulsar a transformación tecnolóxica da nosa terra

Redacción
Publicado: 23/03/2021
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

r_patrocinador_circulo.jpgPatricia García González, presidenta do Círculo de Empresarios de Galicia, e Isidro Fernández de la Calle, director corporativo Empresas de R e do Grupo Euskaltel asinaron na sede do operador galego na Coruña, a renovación do acordo que converte a R en “patrocinador institucional protagónico” do Círculo. O acordo, formalizado este 23 de marzo pola mañá, ten o obxectivo de seguir unindo forzas para “potenciar conxuntamente iniciativas que xeren valor no tecido empresarial galego e que favorezan o desenvolvemento económico da Comunidade”.
Segundo fixeron saber, o programa de actividades e os proxectos que desenvolverán R e máis o Círculo este ano aplicarán todas as medidas de seguridade requiridas e adaptarán os formatos das devanditas accións ás necesidades actuais, “aproveitando en todo momento as oportunidades e vantaxes que ofrece a contorna dixital”, sinalaron, engadindo que o programa incluirá encontros presenciais, actividades virtuais (online) e eventos que combinarán a interacción en ambas as dúas modalidades.
Patricia García destacou que o acordo deste ano “ten máis sentido que nunca, pois esta crise tennos abocado a acelerar a dixitalización das empresas, e mesmo das familias, pero quedan algúns ocos, sobre todo en materia de seguridade, que cómpre cubrir”. E engadiu: “Iniciativas como este convenio son vitais para o coñecemento e difusión de factores que agora pasan a ser clave na estratexia das empresas”.
Pola súa banda, Isidro Fernández de la Calle considera “esencial manter viva a colaboración entre R e o Círculo, unha alianza colaborativa que xa ten un percorrido do cal nos sentimos moi orgullosos. Basicamente porque mantemos intacto o espírito compartido de axuda á contorna empresarial galega con iniciativas de valor, proxectos formativos e asesoramento que redunda, sempre, no desenvolvemento de calquera empresa ou negocio e, ao final, da nosa economía e da nosa sociedade”.
R e o Círculo organizarán conxuntamente catro encontros empresariais -dirixidos a empresarios/as e executivos/as- e conducidos por un/a convidado/a referente na súa actividade que compartirá a súa experiencia e coñecemento co auditorio para tentar mellorar o modelo de negocio das empresas galegas, adaptándose aos cambios no mundo dixital e tecnolóxico.
Falarase de Realidade Aumentada e Virtual, chatbots, Internet das Cousas (IoT), Big Data, cadea de bloques (blockchain) ou cibersegurirdade.
Algúns destes temas constituirán a cerna da cuarta edición do Foro de Ciberseguridade do Círculo, no que vai participar R. No encontro analizarase con detalle o contexto en que se moven as empresas na actualidade, os riscos que corren na Rede e a necesaria concienciación e cambios que debe experimentar a organización dunha maneira transversal para enfrontarse e protexerse na nova conxuntura.
R será novamente protagonista nunha xornada dedicada aos principais retos e tendencias da economía e os mercados globais, no marco deste novo convenio asinado co Círculo. Neste caso a idea é recalar en asuntos de “gran proxección a día de hoxe”, ligados aos desafíos económicos aos que nos enfrontamos e ás tendencias internacionais nestes ámbitos.
Ademais, o operador galego colaborará institucionalmente nun ciclo de encontros enmarcados no programa As mulleres na empresa actual dedicados a iniciativas de igualdade de xénero na empresa: A muller, no centro do cambio empresarial, O papel das mulleres na actividade empresarial, un alicerce de presente e de futuro, Mulleres directivas e emprendedoras, Mulleres no ecosistema emprendedor tecnolóxico, Inspirando casos de éxito en diversidade de xénero e Mulleres tecnolóxicas: o reto do STEAM.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?