Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: R visualiza as revolucionarias posibilidades que abre a 5G para as empresas nun novo almorzo dixital
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

R visualiza as revolucionarias posibilidades que abre a 5G para as empresas nun novo almorzo dixital

Redacción
Publicado: 25/03/2021
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

r_5g.jpgEste 25 de marzo celebrouse un novo almorzo dixital de R. Nel, expertos da operadora avaliaron as claves da tecnoloxía 5G como dinamizadora do sector produtivo, como subministradora de grandes e importantes oportunidades para as empresas. Participaron Pedro Herbello, responsable de Produto e Servizo de R e do Grupo Euskaltel, e Luis Ornosa, xerente de Carteira Grande Empresa de R e do Grupo. “A 5G cambiará a forma de facer moitas cousas e xerará unha nova industria”, asegurou no encontro virtual Luis Ornosa.
Na sesión online, á que se conectaron 120 profesionais e directivos do sector empresarial, repasouse o momento que vive esta tecnoloxía de última xeración en España e os desafíos que presenta a 5G, sobre todo no mundo da empresa, para beneficiarse ao máximo das súas inxentes posibilidades e vantaxes.
Pedro Herbello asegurou durante a súa charla que 5G suporá “o nacemento dun novo ecosistema tecnolóxico e unha nova forma de traballar, a medida que xurdan dispositivos e tecnoloxías arredor do sistema: veremos emerxer novos negocios na medida en que se combine con aplicacións de Internet das Cousas (IoT) e en que sexamos quen de sensorizar calquera elemento a un custo moi baixo”. Como exemplo, Herbello particularizou durante o almorzo dixital na agricultura, “sector onde, pola súa extensión, é difícil aplicar outra tecnoloxía, e no que veremos aparecer máquinas que serán capaces de facer moitas tarefas autonomamente ou incorporar sensores de todo tipo para industrializar colleitas. Cando isto ocorra, un empresario-agricultor tradicional terá que adaptarse se quere competir con outro que utilice procesos industriais”.
O responsable de Produto e Servizo de R continuou explicando que “na industria, os procesos requiren fiabilidade e tempo real: non se entendería, así, que á hora de controlar un guindastre, este non respondese ou o fixese tarde, porque podería ocasionar un accidente. A tecnoloxía que aplica 5G garante unha alta fiabilidade en contornas industriais e unha baixa latencia moi por riba dunha rede Wi-Fi, o que permitirá que aínda en contornas privadas se poida impor para controlar eses procesos”.
Millóns de dispositivos e usos en mobilidade
r_5g_xornada.jpg Pola súa banda, Luis Ornosa incidiu en que “as novas redes 5G terán capacidade para conectar millóns de dispositivos (1 millón por Km2 fronte aos 3.200 actuais), xusto nun momento en que as redes cada vez están máis saturadas a medida que aparecen novos dispositivos que se conectan a elas”.
Coa tecnoloxía de 5G aprovéitanse mellor as canles existentes e a comunicación por posicionamento do usuario. As mínimas latencias de 5G permiten utilizar esta tecnoloxía para sistemas en tempo real, onde agora sería impensable usar as redes móbiles, como os sistemas de condución autónoma, telemedicina, ou industria 4.0.
A nivel particular tamén se lograrán moitas melloras, explica Ornosa: “Trataríase dunha extensión en mobilidade dos usos que xa realizamos coa fibra óptica pero sen estar atados a ela; por exemplo, sistemas baseados en streaming, como as plataformas de xogos en cloud (Hutch, Stadia…) na rúa ou nun coche, ou o uso de plataformas de almacenamento masivo con ubicuidade para que as cámaras de fotos ou vídeo, ou mesmo os móbiles non utilicen unha memoria senón que consuman directamente da Rede”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?