Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Raiceiros estréase nas vídeo-conferencias para presentar Ulla oralmente, que xa se pode descargar
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Raiceiros estréase nas vídeo-conferencias para presentar Ulla oralmente, que xa se pode descargar

Redacción
Publicado: 30/03/2021
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

20210326_ulla_oralmente_raiceiros_2.jpgA Asociación Raiceiros iniciou este venres 26 de marzo a fase de difusión do proxecto Ulla oralmente, que inclúe a publicación dun caderno de campo e máis a realización de obradoiros en centros educativos do Val do Ulla. O proxecto deuse a coñecer a través dunha presentación virtual cun convidado de luxo, a cargo de Antonio Reigosa, investigador da cultura popular galega e coordinador do coñecido portal Galicia Encantada.
Na súa charla, Reigosa, autor ou coautor de ducias de publicacións relacionadas coa cultura tradicional galega, salientou “a necesidade de continuar mantendo a tradición oral como único xeito de que esa parte da cultura galega continúe viva, e animou a seguir traballando nese eido”.
20210326_ulla_oralmente_raiceiros_3.jpg A continuación, Sofía Riveiro e Henrique Neira, que se encargaron da coordinación do caderno de campo Ulla oralmente, explicaron as súas características. O contido está orientado a dar a coñecer a tradición oral do Val do Ulla a rapazas e rapaces dos últimos cursos de Primaria, e para iso recolle adiviñas, cántigas, contos, lendas, historias antigas, xogos falados, ditos e refráns do Val do Ulla. Ademais de incluír exemplos en cada unha das categorías, achéganse pasatempos e xogos para facer máis atractivos os contido, así como propostas para que o alumnado realice recollidas na súa contorna de contos, lendas ou calquera outra peza da cultura oral tradicional.
20210326_ulla_oralmente_raiceiros_1.jpgSegundo engadiron, este caderno é de formato semellante ao do proxecto desenvolvido en 2019, Ulla naturalmente, sobre a fauna e flora do río Ulla, e “coma nese caso hai unha edición en papel que se entregará nos obradoiros a desenvolver cando sexa posible nos centros de ensino e unha edición dixital en PDF que xa se pode descargar libremente xa na web www.raiceiros.org.
O presidente da asociación, Héctor Rodríguez, lembrou o apoio recibido da Deputación da Coruña e do Concello de Vedra para o desenvolvemento do proxecto e tamén puxo de relevo o feito de que en outubro cumpre 20 anos de traballo arredor da cultura desde o Val do Ulla.
A do venres foi a primeira presentación dun proxecto de Raiceiros a través de vídeo-conferencia, o que permitiu que puidera ser seguida desde Arxentina por representantes da Sociedade Parroquial de Vedra, que, segundo lembrou a asociación, agrupa gran parte do colectivo vedrés naquel país.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?