Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: R incrementa a capacidade da súa rede na Mariña luguesa
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

R incrementa a capacidade da súa rede na Mariña luguesa

Redacción
Publicado: 31/03/2021
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

Tenda de R en Santiago de Compostela
Tenda de R en Santiago de Compostela
O operador R vén de ampliar capacidade da súa rede en sete concellos da Mariña luguesa (Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Ribadeo, Viveiro e Xove), o que lle permitirá ofrecer máis e mellores servizos a preto de 29.000 fogares destas localidades.
Para iso, o operador traballou nos últimos meses na extensión e mellora da súa rede, instalando novos equipos que lles dan servizo a estas áreas, para dotar á infraestrutura de R de maior capacidade e fortaleza, e lle responder ao aumento de tráfico na Internet e noutros servizos de telecomunicacións que se ten producido dende o inicio da pandemia hai xa un ano. Con este reforzo substancial da rede, o operador galego déixaa preparada de cara a novos aumentos do consumo de Internet, TV e telefonía que poidan producirse de agora en adiante.
Todos estes traballos de mellora da rede de R na Mariña para reforzala e aumentar a súa capacidade, forman parte do intenso traballo global desenvolvido por R nos últimos anos para optimizar a cobertura dos seus servizos no territorio galego, obxectivo que este último ano tivo unha prioridade máxima ante as crecentes necesidades do uso de redes. Esta inxente demanda levou o operador a realizar un investimento de case 4,6 millóns de euros para ampliar e reforzar as capacidades da súa rede de fibra na comunidade galega.
Ao tempo, estas actuacións compleméntanse cos desenvolvementos de tecnoloxía FTTH en zonas brancas de Galicia (as que non desfrutaron nunca de servizos de alta velocidade), no marco dos plans Avanza do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital dos que R resultou adxudicataria nos últimos anos. En concreto, en 2020 conectáronse ás redes de nova xeración de R arredor de 30.000 vivendas na comunidade, o que supuxo xa un investimento de 9 millóns de euros que previsiblemente se aproximará aos 10 millóns de euros a peche de 2021.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?