Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O alumnado galego en risco de exclusión recibirá 14.502 ordenadores do plan Educa Dixital
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O alumnado galego en risco de exclusión recibirá 14.502 ordenadores do plan Educa Dixital

Redacción
Publicado: 14/04/2021
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

educacion_dixital_mozas_computadores.jpgA Xunta comeza esta semana o reparto de 14.502 ordenadores portátiles cun bono de datos para a conexión a Internet aos centros educativos públicos de Galicia, destinados a alumnado en situación de risco de exclusión tecnolóxica. Esta medida, denominada Posto educativo no fogar, enmárcase no programa Educa en Dixital Galicia, que foi asinado pola Xunta de Galicia, Red.es e o Ministerio de Educación e Formación Profesional a través de fondos FEDER e coa cofinanciación da comunidade autónoma.
A Xunta entregará os equipos aos centros a medida que os reciba por parte de Red.es, entidade encargada de compralos e distribuílos en todo o Estado. Os centros educativos serán os encargados de repartir os equipos entre o alumnado que se atope en situación de risco de exclusión. A entrega realizarase mediante a formalización dun acordo temporal de cesión coa familia. O préstamo non poderá exceder o tempo de duración do curso académico. Salvo cando os responsables dos centros consideren que se dan circunstancias particulares que así o recomenden, o alumnado beneficiado por esta medida deberá devolver os ordenadores ao remate do curso. O centro tamén poderá solicitar a devolución no caso de que cambien as circunstancias que motivaron a necesidade do préstamo.
Para afrontar os casos urxentes polas necesidades de uso das tecnoloxías dixitais derivadas da situación creada COVID-19, a Xunta de Galicia xa dispoñía dun fondo propio de preto de 5.000 portátiles con lotes de conexión para alumnado con máis necesidades. Esta actuación formou parte do plan de continxencia ante as limitacións de mobilidade provocadas pola pandemia.
Ademais, a Xunta dispón de 20.600 lotes de conexión a internet con bono de datos de 10 meses para atender ao alumnado en risco de exclusión dixital, unha cifra que se podería ampliar, en función das necesidades, con bonos de 500 Mbps, no marco do novo concurso de telecomunicacións.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?