A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC), coa colaboración da Xunta de Galicia a través da Axencia Galega de Innovación (Gain), convoca a sexta edición do Premio de Xornalismo Científico Celia Brañas, destinado a galardoar unha peza xornalística de carácter científico ou tecnolóxico.
Estes premios están abertos á participación de todos os xornalistas de medios de comunicación galegos, ou edicións en Galicia de medios estatais. A proposta consistirá nunha peza xornalística de carácter informativo, en formato escrito ou audiovisual, publicada ou emitida entre o 1 de xuño de 2020 e o 20 de maio de 2021 en diarios dixitais ou en papel, radio ou televisión.
O premio será de 3.000 euros para o traballo gañador. Ademais, concederase un accésit premiado con 1.000 euros para o segundo traballo mellor valorado. O prazo de presentación iniciarase o 20 de abril e rematará o 20 de maio.
Nova edición do Premio de Xornalismo Científico Celia Brañas
Compartir Este Artigo
