Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Rexistro Civil modernízase dicindo adeus ao libro de familia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Rexistro Civil modernízase dicindo adeus ao libro de familia

Redacción
Publicado: 29/04/2021
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

rexistro_civil_e0fo60bx0aaycr7.jpgHoxe foi aprobado, no Pleno do Senado, a Proposición de Lei pola que se modifica a Lei 20/2011, do 21 de xullo, do Rexistro Civil. Esta nova lei é un paso máis na modernización do servizo público de Xustiza e converte o Rexistro Civil nun rexistro individual onde se inscribirán todos os feitos e actos que afecten a unha persoa ao longo da súa vida. O Rexistro Civil Único contará cunha base de datos común, cunha aplicación informática única e todas as oficinas estarán conectadas electronicamente.
O novo modelo ten unha estrutura que contempla: 1 Rexistro Civil Central, 16 Rexistros Civís Exclusivos, 415 Rexistros Civís Municipais Principais, 7.700 Rexistros Civís Municipais Delegados en Xulgados de Paz e 180 Oficinas do Rexistro Civil en demarcacións consulares. Os letrados da Administración de Xustiza serán os responsables de xestionar o Rexistro Civil Único.
Un dos detalles que evidenciará esta transformación será o feito de que a partir do 30 de abril deixarán de expedirse os libros de familia como documentos físicos, seguindo a ser válidos os documentos actuais, pero carecendo de sentido agora que se empregará un rexistro electrónico. A fins prácticos, os cidadáns poderán descargar un documento PDF cos datos rexistrados no rexistro, de xeito que actuaría como o libro de familia para trámites como a solicitude de prazas en garderías.
O ministro de Xustiza, Juan Carlos Campo, fixo fincapé en que a norma responde á necesidade de que «o Rexistro Civil se adapte á nova contorna tecnolóxica e á transición dixital que estamos a vivir. Respondendo ás actuais necesidades e demandas dos cidadáns. E iso é, precisamente, o que permiten as modificacións ás que hoxe esta Cámara dá luz verde».

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?