Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CPEIG promove o Selo de Empresa éTICa para xerar confianza na sociedade
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CPEIG promove o Selo de Empresa éTICa para xerar confianza na sociedade

Redacción
Publicado: 11/05/2021
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

sello_empresa_etica_ccii.jpgO auxe da intelixencia artificial, a aprendizaxe automática ou o procesamento de datos masivos, xunto coa preocupación pola privacidade dos datos reflectida no Regulamento Xeral de Protección de Datos, estendeu o concepto de ética e deontoloxía profesional na informática máis alá da propia profesión chegando mesmo á sociedade.
Co gallo do Día Mundial da Internet, que se conmemorará o vindeiro luns 17 de maio, o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) quere poñer de manifesto a importancia de que as empresas do sector TIC tomen conciencia dos beneficios que lle pode aportar a aplicación dun código ético e deontolóxico no seu exercicio profesional. Neste sentido o Consello de Colexios de Enxeñaría en Informática (CCII) aprobou xa en 2019 a versión máis recente do Código Ético e Deontolóxico da Enxeñaría en Informática, adaptado ás Directrices da Comisión Europea para as Declaracións de Ética Profesional para os profesionais da Informática en Europa, que se enmarcan na Axenda Dixital Europea.
Ademais dos beneficios na relación da profesión coa sociedade, o CPEIG sinala que as enxeñeiras e enxeñeiros en informática poden ter apoio do código ético na toma das mellores decisións profesionais posibles, respectando os intereses do cliente, do empregador, do profesional, da sociedade no seu conxunto e da propia profesión. Esta relevancia da ética profesional na enxeñaría en informática tamén se observa na extensión da aplicación do concepto de ética profesional non só ao profesional individualmente, senón á organización na que desempeña a súa actividade.
Para responder aos retos que presenta a aplicación da ética e deontoloxía profesional no nivel empresarial, o CCII lanzou a iniciativa pioneira do Selo de Empresa éTICa e un rexistro das mesmas para poñer en valor a estas empresas, favorecer a súa identificación e axudar á formulación posterior de políticas específicas para elas. O CPEIG acóllese a esta iniciativa para promover que as empresas, autónomos e institucións galegas se adhiran e certificar que desenvolven servizos tecnolóxicos de calidade.
O presidente do CPEIG, Fernando Suárez, asegura que «as empresas que adopten este selo comprométense a cumprir as directrices do código ético do CCII e recibirán o apoio da súa Comisión de Ética e Deontoloxía para os seus desenvolvementos tecnolóxicos como Empresa éTICa. Esta certificación permitirá poñer en valor a estas empresas do sector que poñen especial interese en que a súa actividade se desenvolva respectando escrupulosamente as consideracións éticas».

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?