Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A UDC, Navantia e GAIN estreitan a súa colaboración arredor do estaleiro 4.0
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A UDC, Navantia e GAIN estreitan a súa colaboración arredor do estaleiro 4.0

Redacción
Publicado: 12/05/2021
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

udc_navantia_xornada_gain.jpgO reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde Alonso, o alcalde do Concello de Ferrol, Ángel Mato Escalona, a directora da Axencia Galega de Innovación (GAIN), Patricia Argerey Vilar, e o director de Tecnoloxías e Transformación Dixital de Navantia, Donato Pérez de Rojas, inauguraron na mañá deste 12 de maio a Xornada de Difusión da Unidade Mixta de Investigación UDC–Navantia no Salón de Actos Concepción Arenal do Campus de Ferrol e que se puido seguir en liña a través de YouTube. Foi unha mañá de traballo e de intercambio de coñecemento arredor da confluencia entre novas tecnoloxías intelixentes e industria naval.
Na súa intervención, o reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde Alonso, salientou “a importancia de seguir priorizando a relación entre a universidade e a empresa” e citou a unidade mixta UDC-Navantia como a “máxima representación” da transferencia de coñecemento dentro da institución. Nisto incidiu tamén o director de Tecnoloxías e Transformación Dixital de Navantia, Donato Pérez de Rojas, quen interveu de xeito telemático, e subliñou a importancia da colaboración existente entre a empresa Navantia, a UDC e a Axencia Galega de Innovación.
Pola súa banda, a directora de GAIN, Patricia Argerey Vilar, asegurou que o modelo de unidades mixtas, creado en 2014, está a ser “todo un éxito e está a ter un impacto máis que significativo na cadea de valor no sector naval”. O alcalde do Concello de Ferrol, Ángel Mato, aproveitou a súa intervención para instar “a que todo traballo realizado polos 50 investigadores que integran a UMI UDC-Navantia sexa implantado no estaleiro á maior brevidade posible”.
Ao longo da xornada, os integrantes da UMI UDC–Navantia presentaron un total de 13 proxectos de investigación realizados baixo o paraugas da Axencia Galega de Innovación a través do programa de subvencións para a consolidación de unidades mixtas de investigación aliñadas cos retos estratéxicos e prioridades identificados na Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia 2014-2020 (RIS3 Galicia).
Ao remate das intervencións, celebrouse o peche das xornadas a cargo do vicerreitor de Política Científica, Investigación e Transferencia, Salvador Naya Fernández, e do director de Tecnoloxías e Transformación Dixital de Navantia, Donato Pérez de Rojas, quen interveu novamente de xeito telemático.
Proxectos de Investigación
-Operación Asistido – Rubén Miguel e Javier Cuadrado
-Auto Identificación de Produtos Intelixentes – José Varela e Tiago Fernández
-Realidade Aumentada – Miguel Vilar e Tiago Fernández
-Sistemas Autoreconfigurables – Carlos García e Vicente Díaz
-Tubo de Peche – José Ramón Sáez e Alejandro Paz
-UAV´s – Rubén Ferreiroa e Álvaro Deibe
-Control Estadístico de Procesos – Álvaro Brage, Ricardo Cao e Margarita Amor
-Utilización de Adhesivos en Construción Naval – Juan Carlos Díaz-Robles e Ramón Artiaga
-Modelado e Simulación de Procesos de Eólica Mariña – Adolfo Lamas
-Modelado e Simulación de Procesos no Estaleiro e Optimización de Procesos – Rubén Miguel e Diego Crespo
-Sistema de Servizos Integrados – Carlos Blanco e Luis Castedo
-Xemelgo Dixital – Juan Ignacio Silvera e Alicia Munín

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?