Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Museo Gaiás Virtual acollerá a presentación proxectos tecnolóxicos e educativos na Maker Faire Galicia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Museo Gaiás Virtual acollerá a presentación proxectos tecnolóxicos e educativos na Maker Faire Galicia

Redacción
Publicado: 13/05/2021
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

maker_faire_rapaza.jpgA Cidade da Cultura, transformada nun entorno virtual en 360 graos, acolle un ano máis a Maker Faire Galicia, que chega á súa sétima edición repetindo co formato totalmente en liña estreado en 2020, que a converteu nunha das primeiras feiras maker do mundo realizada integramente a través da rede. No encontro, que terá lugar do 2 ao 6 de xuño, argalleiros e argalleiras de seis países diferentes (España, Arxentina, Xapón, México, EE.UU., Portugal e Brasil) presentarán os seus proxectos a través dunha plataforma dixital que recrea o Museo Gaiás e na que as persoas asistentes poderán interactuar cos makers, participar en obradoiros e asistir a charlas e mesas redondas con referentes nacionais e internacionais.
Na que promete ser a edición máis internacional deste escaparate para a creatividade e o enxeño, poderán coñecerse medio cento de proxectos (34 deles galegos) presentados por makers, asociacións, empresas e centros de ensino. O encontro volve dedicar unha xornada exclusivamente ao ámbito da innovación educativa, na que ademais de tratar temas como o ensino do futuro, a gamificación, os espazos maker ou as comunidades de aprendizaxe, terá lugar un concurso de proxectos coa participación de 13 centros de primaria, secundaria e FP de toda Galicia, que optarán a diferentes galardóns.
O que xa é o evento maker máis importante da Península contará nesta edición con relatores da relevancia de César de la Fuente, biotecnólogo galego e profesor na Universidade de Pensilvania, onde lidera un laboratorio de investigación especializado en crear antibióticos con ordenadores a partir de moléculas naturais. Coñecido polo público xeral por desenvolver un test de baixo custo para detectar a covid-19, foi nomeado polo MIT (Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts) como un dos 35 mozos máis innovadores do mundo con menos de 35 anos, e galardoado co Premio Fundación Princesa de Girona Investigación Científica 2021.

Contidos
  • Inclusión e diversidade no eido da tecnoloxía
  • Contidos para profesionais, docentes e público xeral
  • Aberto de balde o rexistro de asistentes

Inclusión e diversidade no eido da tecnoloxía

A conferencia de César de la Fuente enmarcarase nas dúas xornadas da Maker Faire dirixidas a profesionais e empresas de sectores como biotecnoloxía, robótica, intelixencia artificial, ciberseguridade ou blockchain, nas que tamén se contará con relatores como Jon Hare, un dos game makers máis coñecidos de Europa, creador de xogos míticos como Parallax ou Sensible Soccer, e Keisha Howard, recoñecida activista en favor da inclusión e a diversidade no mundo dos videoxogos, e fundadora da comunidade Sugar Gamers. Con dúas charlas TED (Tecnoloxía, Entretemento e Deseño) no seu curriculum, ten traballado con compañías como como SYFY, Watchmojo, AT&T, HBO, Nintendo, HTC, Microsoft o Google, entre outras.
Outro dos nomes destacados do encontro é o de Valeria Corrales, unha minimaker de Huesca que con só 12 anos triunfou na última edición do programa de televisión Got Talent España, abraiando ao xurado cun robot que ela mesma construíu e que resolveu en directo o cubo de rubik en 29 movementos. A través dunha canle de YouTube creada xunto á súa profesora Patricia Heredia, comparte coñecemento en aberto e proponse inspirar a outras nenas que queiran dedicarse á enxeñería ou a robótica. Foi nomeada Inspiring Girl of the Year pola Fundación Inspiring Girls e elixida mellor alumna de secundaria de STEM de España nos STEM Talent Awards.

Contidos para profesionais, docentes e público xeral

O programa da sétima Maker Faire Galicia incluirá como novidade o primeiro EDU Open Space, un espazo para a reflexión ao redor da educación, onde os propios asistentes proporán as temáticas para debater en diferentes mesas redondas en simultáneo. Tamén se celebrará novamente a Game Maker Jam, unha competición para crear videoxogos en 48 horas da que o xoves se coñecerá a temática e o domingo, na xornada de clausura, o gañador ou gañadora do concurso.
Do mesmo xeito que en anos anteriores, as dúas primeiras xornadas desta feira de innovación estarán máis enfocadas ao ámbito profesional, mentres que o venres 4 de xuño a protagonista será a innovación educativa, con contidos dirixidos ao sector do ensino, e xa os días da fin de semana emitiranse contidos destinados a público xeral e centrados en temáticas moi diversas e relacionadas coa robótica, a ciencia, a innovación social, a arte, a economía circular ou o gaming, sempre baixo a filosofía do faino ti mesmo que caracteriza este encontro.

Aberto de balde o rexistro de asistentes

O encontro celébrase nun Museo Gaiás virtual e conta co apoio da Xunta de Galicia, o Concello de Santiago, a Fundación Cidade da Cultura e a Asociación para o Progreso da Dirección (APD). Realízase coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía – Ministerio de Ciencia e Innovación.
Para ter máis información sobre a Maker Faire Galicia e como seguir os diferentes contidos, pode visitarse a súa plataforma en liña, onde xa está aberto o rexistro de asistentes, que é totalmente gratuíto.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?