Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A UDC organiza a sétima edición da First LEGO League Galicia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A UDC organiza a sétima edición da First LEGO League Galicia

Redacción
Publicado: 14/05/2021
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

udc_first_lego_league.jpgA Universidade da Coruña organiza, por sétimo ano consecutivo, a First LEGO League Galicia (FLL Galicia), o vindeiro sábado 29 de maio, nunha modalidade integramente en liña por mor da crise sanitaria derivada da COVID-19, entre as 09:00 e as 15:00 horas. Nesta edición, participan un total de 35 equipos (19 na categoría FLL Challenge, 13 na FLL Explore e 3 na FLL Discover) e máis de 250 mozos e mozas de toda Galicia. O evento, coordinado polo profesor José Antonio Becerra Permuy, poderá seguirse en directo a través da canle oficial de YouTube da FLL Galicia.
O Salón de Actos Concepción Arenal do Campus de Ferrol acolleu este 14 de maio a presentación da sétima edición da liga galega, á que asistiron o alcalde do Concello de Ferrol, Ángel Manto Escalona; a vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, María Jesús Movilla Fernández; o director do Campus Industrial, Ginés Nicolás Costa; o director da Escola Politécnica Superior, Armando Yáñez Casal; o director da Escola Universitaria Politécnica, Andrés Piñón Pazos; e o coordinador da FIRST LEGO League Galicia, José Antonio Becerra Permuy.
Como cada ano, colaboran nesta iniciativa o Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), a Deputación Provincial da Coruña, o Concello de Ferrol e o Conservatorio Profesional de Música de Ferrol Xan Viaño. Ademais, patrocinan a FIRST Lego League Galicia a empresa Gabadi SL, o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), o Ilustre Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia (ICOIIG), GADIS, R, Error Ferrol!, PuntoGal, Neodyn, TodoOcio e Lidl.
Segundo se fixo saber no acto deste venres, a First LEGO League é un programa internacional que desafía a mozos e mozas, de entre 10 e 16 anos, a resolver problemas do mundo real como poden ser a reciclaxe, a educación ou as enerxías renovables.
Nesta tempada, a competición celebra os seus 15 anos en España. Ao longo de todo este tempo teñen participado nos distintos torneos clasificatorios e a gran final máis de 110.000 mozos e mozas organizados en 25.000 equipos.
Na edición 2020/21, a través do Desafío RePlay proponlles aos equipos que atopen solucións innovadoras para volver definir e revolucionar o xeito no que facemos deporte, xogamos ou nos movemos, empregando as ferramentas e a tecnoloxía de hoxe en día.
Os equipos teñen que resolver este desafío en tres áreas de traballo:
· O Proxecto Científico. Un proxecto científico que explique e detalle a súa solución innovadora como opción de mellora ao problema proposto.
· O Xogo do Robot. O deseño, construción e a programación dun robot LEGO Mindstorms Education que terá que superar divertidas misión nun taboleiro de xogo relacionado co desafío.
· A integración dos valores First LEGO League. Mentres os equipos desenvolven o Proxecto Científico e o Xogo do Robot, integran os valores First LEGO League: descubrimento, innovación, impacto, inclusión, colaboración e diversión.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?