Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: 22 proxectos creativos de 13 centros de ensino promoverán a innovación educativa
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

22 proxectos creativos de 13 centros de ensino promoverán a innovación educativa

Redacción
Publicado: 07/06/2021
7 Min de Lectura
Compartir
7 Min de Lectura

maker_faire_22_02.jpgUn total de 22 proxectos desenvolvidos en 13 centros de ensino galegos, que apostan pola innovación educativa e por incentivar a creatividade da cativada a través da ciencia, a robótica e o faino ti mesmo, preséntanse na xornada de educación da Maker Faire Galicia, que conta co apoio da Consellería de Cultura, Educación e Universidade. Aparellos para garantir a axeitada ventilación nas aulas, un colar anticovid, modelos de motores con combustibles alternativos, pequenos satélites ou ideas para darlle unha nova vida ao lixo electrónico son algúns dos proxectos que se dan a coñecer nesta sétima edición do encontro, un escaparate para a creatividade e o enxeño que desenvolve de forma enteiramente dixital ata o domingo.
Na apertura da xornada educativa da Maker Faire, o secretario xeral de Educación e Formación Profesional da Xunta, José Luis Mira, chamou a atención sobre a innovación que se está a desenvolver desde os centros de ensino, presentando como exemplo os proxectos maker de centros de primaria, secundaria e formación profesional que se presentan no evento e que “ademais de espertar a creatividade e o interese pola ciencia axudan a crear escolas máis inclusivas e máis seguras nos tempos da covid-19”. O secretario xeral de Educación resaltou ademais a ampla representación da galega nesta xornada do encontro, pois a metade dos proxectos presentados (que ascenden a 45) e dous terzos do centros de ensino participantes proceden da nosa comunidade.
José Luis Mira quixo tamén pór en valor o traballo do alumnado e docentes “que se animaron a amosar os seus proxectos nesta edición da Maker Faire, onde coñecer ideas de todo tipo, desde iniciativas para espertar a creatividade e o interese pola ciencia nas etapas máis temperás da educación, ata avanzados proxectos de robótica ou electrónica, desenvolvidos desde os centros de Formación Profesional”.
Do preto de medio cento de proxectos amosados, 15 finalistas presentarán o seu pitch en liña para seren avaliados por un xurado especializado do CAFI, que decidirá os galardóns do certame aos máis innovadores nas tres categorías a concurso: minimakers (primaria), makers (secundaria e bacharelato) e makers pro (FP). Ademais do recoñecemento ao seu traballo, recibirán como premio uns kits de robótica de Micro:BIT, para continuar a desenvolver proxectos creativos e tecnolóxicos desde o centro de ensino.

Contidos
  • Innovación educativa
  • Programación en liña
  • Un Museo Gaiás en 360º

Innovación educativa

maker_faire_22_01.jpgEntre os proxectos presentados atópanse varias ideas para axudar ao control da propagación da pandemia do coronavirus, como por exemplo o colar anticovid desenvolvido por alumnado do IES Eusebio de A Guarda –que avisa ao seu portador cando se atopa a menos de 1,5 metros de distancia doutras persoas– ou o sistema para mellorar a ventilación nas aulas deseñado por estudantes do IES Plurilingüe Rosalía de Castro de Santiago de Compostela, que combina un detector de CO2 cunha fiestra automática que se abre ao exceder o límite de partículas recomendado deste gas. Destacan tamén proxectos para darlle unha nova vida ao lixo doméstico, reconvertendo por exemplo un forno nunha incubadora de ovos ou o chasis dun vello televisor de tubo catódico nunha cociña solar.
Aplicacións para incrementar a seguridade ao circular en bicicleta, pequenos satélites, guitarras eléctricas ou pianos xigantes programados pola cativada, ou un modelo de motor que funcione con combustibles alternativos son só algúns exemplos da creatividade xurdida nas aulas do traballo de docentes e estudantado de todas as idades.

Programación en liña

O programa desta sétima Maker Faire pode seguirse en liña desde calquera lugar do mundo e, ademais de mesas redondas, charlas e obradoiros de programación, robótica educativa ou solucións para espazos maker orientadas aos centros educativos, inclúe o primeiro EDU Open Space. Neste espazo para a reflexión ao redor da educación, os propios asistentes propoñen as temáticas para debater en diferentes mesas redondas en simultáneo.
A xornada do venres rematou coa conferencia de Valeria Corrales, unha estudante de Huesca que con só 12 anos participou no programa de televisión Got Talent España, abraiando ao xurado cun robot que ela mesma construíu e que resolveu en directo o cubo de rubik en 29 movementos. A través dunha canle de YouTube creada xunto á súa profesora Patricia Heredia proponse inspirar a outras nenas que queiran dedicarse á enxeñería ou a robótica. Foi nomeada Inspiring Girl of the Year pola Fundación Inspiring Girls e elixida mellor alumna de secundaria de STEM de España nos STEM Talent Awards.

Un Museo Gaiás en 360º

Desde a plataforma en liña da Maker Faire Galicia, pode accederse a todos os contidos do programa destes cinco días, permitindo ás persoas visitantes circular virtualmente polo interior dun Museo Gaiás recreado en 360 grados, o sistema ofrece a posibilidade de conectar a través de videoconferencia cos makers que expoñen os seus proxectos. Tamén a través da mesma web se pode acceder a todos os obradoiros, charlas e mesas redondas programadas, nas que ademais de educación se tratan temas como robótica, dixitalización, biotecnoloxía, videoxogos, intelixencia artificial, farmacoloxía ou ciberseguridade.
O encontro arrancaba o pasado mércores con preto de 4.000 participantes inscritos e rematará na fin de semana coas xornadas abertas a todos os públicos, onde o Do It Yourself, a música ou a arte se unen coa tecnoloxía. A 7ª edición da Maker Faire Galicia conta co apoio da Xunta de Galicia, o Concello de Santiago, a Fundación Cidade da Cultura, a Asociación para el Progreso de la Dirección (APD) e o Círculo Financiero de Galicia (dentro do proxecto Capacita Directivos). Ademais, realízase coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía – Ministerio de Ciencia e Innovación.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?