Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Automatización facilitou a tramitación das axudas a sectores afectados pola COVID-19
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Automatización facilitou a tramitación das axudas a sectores afectados pola COVID-19

Redacción
Publicado: 07/06/2021
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

e-administracion_pasarela.jpgO sistema de automatización intelixente desenvolvido pola Xunta para a tramitación do II Plan de rescate aos sectores afectados polas medidas sanitarias como consecuencia da COVID-19 permitiu que máis do 90% das axudas concedidas se puidesen pagar nun prazo inferior a dous meses.
Esta ferramenta, que funciona con tecnoloxías emerxentes, como a robótica ou o recoñecemento óptico de caracteres (OCR), foi desenvolvida pola AMTEGA e aplicada pola Consellería de Emprego e Igualdade para axilizar a tramitación dos expedientes e o pago das axudas.
O obxectivo da Xunta foi o de resolver os trámites no menor tempo posible sen que isto puidese afectar ao rigor administrativo e xurídico dos procedementos.
O sistema foi utilizado para a concesión das axudas do II Plan de Rescate, que benefician a traballadores autónomos, microempresas, hostalaría e outras actividades pechadas, e será utilizada para a xestión das axudas no III Plan de Rescate aprobado polo Consello da Xunta do pasado xoves. Co terceiro Plan, a Xunta levará activados en seis meses máis de 416 millóns de euros.
En concreto, leva investidos 182 millóns de euros entre o primeiro e o segundo plan de rescate. O primeiro programa de apoios económicos directos, publicado no pasado mes de decembro, sumou 86 millóns de euros e permitiu atender un total de 33.600 solicitudes de axuda presentadas por autónomos e microempresas, que xa están pagadas na súa totalidade.
O segundo plan de rescate, publicado en marzo, ascendeu inicialmente a 75 millóns de euros, pero incrementouse o orzamento no mes de maio en 21 millóns, ata chegar aos 96, para poder atender á maior parte das solicitudes presentadas. Nestes momentos xa están abonadas un total de 32.771 solicitudes do segundo plan de rescate, que suman 87,2 millóns de euros, é dicir, o 91% do orzamento reservado para este programa, grazas ás ferramentas aplicadas pola AMTEGA.
Entre as tecnoloxías empregadas pola Xunta para as tramitacións atópase a automatización robótica de procesos (RPA), que foi a que permitiu a comprobación da vida laboral das empresas en cerca de 6.000 solicitudes. En concreto, os robot xeraron os ficheiros de consulta necesarios para que o persoal da Consellería de Emprego e Igualdade puidese realizar a petición de información con todas as garantías. En prazos de entre 24 e 48 horas, esta información foi remitida para o seu procesamento, tamén mediante robots que analizaron os ficheiros, realizaron as comprobacións e fixeron os cálculos.
O sistema de recoñecemento óptico de caracteres (OCR) foi usado para a comprobación dos descensos de facturación das empresas a partir das liquidacións de IVE dos últimos períodos. O servicio OCR permitiu analizar máis de 23.000 expedientes e procesar cerca de 900.000 páxinas.
Por outra banda, o sistema desenvolvido tamén incluíu a automatización da consulta de débedas coa Xunta de Galicia e outras melloras, como a da xestión dos pagos na plataforma de contratación da Xunta de Galicia (Xumco). Esta tecnoloxía permitirá avanzar na calidade dos servizos da administración electrónica en todo tipo de trámites.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?