Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A AMTEGA defende que o sector público debe liderar a transformación dixital da sociedade
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A AMTEGA defende que o sector público debe liderar a transformación dixital da sociedade

Redacción
Publicado: 16/06/2021
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

marc_vidal_mar_pereira.jpgA directora da AMTEGA participou esta maña na sesión correspondente a Galicia e Asturias da Charla con Marc Vidal, que organiza Vodafone Lab en toda España co obxectivo de impulsar a dixitalización das empresas, evento no que destacou que o sector público ten que liderar o cambio que implica a transformación dixital da sociedade a impulsala no resto dos sectores económicos.
Durante a charla de hoxe, Mar Pereira sinalou que a tecnoloxía estivo á altura durante o período de pandemia pola Covid19 e lembrou que a sanidade xa era con anterioridade un dos ámbitos máis maduros tecnoloxicamente. Neste sentido, destacou o esforzo realizado tanto dende o sector público como por parte das compañías privadas.
Engadiu que as actuacións de continxencia que foi necesario adoptar implicaron un pulo fundamental na transformación dixital, non soamente na sanidades, senón tamén noutros ámbitos como a Administración pública ou os sectores empresariais e de servizos.
Estes avances deberanse agora asentar e iniciar un camiño ascendente no que a directora da AMTEGA identificou dou retos fundamentais: por unha banda, simplificar e axilizar os procedementos dos fondos de recuperación e, pola outra, a existencia de perfís valentes e perseverantes nun sector público que ten que arriscarse a afrontar os cambios.
Avogou pola busca de mecanismos máis áxiles para a xestión deses fondos e un esquema de coordinación interadministrativa.
Para a directora da AMTEGA, os cambios que implica a transformación dixital deben adaptarse ás persoas, que teñen que sentirse seguras e acompañadas e que agardan que ese liderado das administracións se leve a cabo dun xeito coordenado, pese á complexidade que implica.
O marco no que desenvolverá en Galicia este proceso está previsto na Estratexia Galicia Dixital 2030, que implicará a mobilización de 4.000 millóns de euros de procedencia pública e privada; así como na Estratexia Galega de Intelixencia Artificial, que mobilizará 330 millóns de euros.
O modelo de colaboración defendido dende a Xunta de Galicia plásmase, entre outras iniciativas, na creación dos nodos de ciberseguridade e 5G, dos que forman parte as administracións, os organismos de referencia nestas materias e as empresas privadas implicadas.
A xornada organizada por Vodafone Lab en torno á Charla con Marc Vidal incluíu unha mesa redonda na que se abordou o novo modelo de posto de traballo na sociedade dixital.
Neste debate participou a directora da Área de Administración Dixital da AMTEGA, María José García Sexto, que lembrou que a Xunta de Galicia desenvolve dende 2013 un modelo de teletraballo para o persoal público, dirixido inicialmente a perfís moi determinados. Explicou que a situación provocada pola pandemia mostrou que o funcionamento da administración pública seguiu con normalidade naqueles ámbitos no que o teletraballo estaba máis desenvolvido.
María José García Sexto lembrou que neste momento a Xunta ten en marcha o plan de posto de traballo avanzado para as persoas empregadas públicas que atende a todas as necesidades previstas e favorece un esquema híbrido de traballo presencial e teletraballo, evita duplicidades e garante un escenario de seguridade e comodidade.
Este plan, que foi aprobado polo Consello da Xunta de Galicia en abril, contempla actuacións por importe de máis de 20 millóns de euros. García Sexto indicou hoxe que os fondos Next Generation supuxeron unha oportunidade de ser más ambiciosos no alcance desta planificación.


Intervención de Mar Pereira na Charla con Marc Vidal

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?