Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Brazos robóticos: un avance na industria
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Brazos robóticos: un avance na industria

Redacción
Publicado: 18/06/2021
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

89340275_2677313262304494_1012823098795229184_n.jpgPodemos dicir que desde a Revolución Industrial, os avances tecnolóxicos non cesaron no seu empeño por crear un ambiente laboral máis produtivo e seguro. Aínda que é certo que nesta materia estamos en continua evolución, neste momento podemos contar con produtos tan destacados como os brazos robóticos, que son xa usados nas principais industrias e cadeas de montaxe do mundo e que achegan unha infinidade de vantaxes a todos os sectores da industria. Estes brazos empréganse, entre outras cousas, para ampliar as funcións que realizaría un brazo humano. Maior forza, maior rapidez, maior constancia e maior seguridade.

Contidos
  • Que é un brazo robótico
  • Vantaxes dos brazos robóticos na industria
  • Que industrias utilizan brazos robóticos

Que é un brazo robótico

Os brazos robóticos son máquinas cuxo obxectivo é o de realizar as mesmas funcións, ou similares, que faría un brazo humano tras a súa programación. Podemos atoparnos, así, con brazos robots sinxelos e simples, independentes de calquera máquina, ou mesmo máquinas ou robots máis sofisticados que incorporan estes brazos.
Contan con diferentes partes, todas elas unidas e conectadas co único fin de realizar determinados movementos como rotación ou translación. Unha mecanización dos movementos que se poden esperar dun brazo humano nunha cadea de montaxe. Non só se encargan dos movementos máis simples. Hai brazos robóticos que son capaces de realizar tarefas moitísimo máis delicadas e precisas, como colocar parafusos en diferentes estruturas.

Vantaxes dos brazos robóticos na industria

As vantaxes dos brazos robóticos na industria son moitísimas. Podemos dicir, porque en moitas ocasións estes brazos superan as expectativas dun brazo humano, poden, entre outras cousas, aguantar moitísimo máis peso e traballar a un ritmo moito máis acelerado sen necesidade de descanso.
A automatización dos procesos nas cadeas de montaxe son, ademais, unha auténtica necesidade nun mundo no que a eficiencia é esencial. Este tipo de robots conseguen, así, que as empresas sexan moitísimo máis competitivas e poidan adaptarse ao mercado sen quedar atrás.
Tamén é necesario falar da precisión. O brazo humano realiza un traballo que pode variar dependendo do momento e o estado no que se atopa a persoa. Un brazo robótico sempre terá a mesma precisión, pois é unha máquina programada para iso.
Por último, non se pode obviar que este tipo de brazos evitan ou minimizan os riscos laborais.

Que industrias utilizan brazos robóticos

Cada vez son máis as industrias que utilizan este tipo de tecnoloxía. Das primeiras que empezaron a integralos foron quizais as fábricas de automóbiles. Tamén as grandes industrias de ensamblado ou de creación de estruturas.
Ao existir unha gran variedade de brazos robóticos, as funcións que poden facer nestas fábricas son moitas, desde a ensamblaxe de pezas ata para transportar materiais pesados dun lugar a outro. Hai brazos que mesmo se encargan de pintar a carrocería dos vehículos, sendo esta unha tarefa bastante máis precisa.
Non só nestes sectores. Industrias como a electrónica ou a propia tecnoloxía, que ademais ven un ritmo de innovación constante, incluíron este tipo de brazos para poder adaptarse ao mercado e ser moitísimo máis eficientes fronte os cambios.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?