Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Xunta recoñece cos premios do Super Reto Digicraft a alumnado dos colexios Corvillón, de Cambados, e Vista Hermosa, de Ourense
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Xunta recoñece cos premios do Super Reto Digicraft a alumnado dos colexios Corvillón, de Cambados, e Vista Hermosa, de Ourense

Redacción
Publicado: 22/06/2021
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

2021_06_22_superretogaias_xh1s2984_c_xaimecortizo.jpgA directora da AMTEGA, Mar Pereira; o secretario xeral de Educación e Formación Profesional da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, José Luis Mira, e a directora xeral da Fundación Vodafone, Gloria Placer, entregaron esta mañá os premios do Super Reto DigiCraft a alumnado dos colexios Corvillón, de Cambados e Vista Hermosa, de Ourense.
O Super Reto é un evento enmarcado no programa DigiCraft de competencias dixitais de Fundación Vodafone dirixido a nenos e nenas das comunidades autónomas de Galicia, Madrid e Andalucía. Na presente edición foron convocados arredor de 300 colexios, dos que máis de 100 eran de Galicia, onde participaron máis de 8.000 escolares. Na actualidade está en marcha unha nova convocatoria para o curso 2021-2022 na que entrarán 50 novos centros educativos galegos, cuns 2.500 nenos e nenas e 150 profesores e profesoras.
O alumnado, xunto co profesorado, realizou a través da colaboración un mural interactivo que reflicte a súa idea de como será o colexio no futuro. O obxectivo do programa DigiCraft é o de presentar ás aulas como un itinerario formativo que pretende espertar no alumnado o interese polo mundo dixital.
2021_06_22_superretogaias_xh1s3021_c_xaimecortizo.jpgNa súa presentación, os escolares amosaron as posibilidades de interacción co mural a través dunha tablet e un dispositivo Makey Makey que permite converter calquera superficie en teclado ou rato para transmitir instrucións ao ordenador.
O curso 3º do CEIP Corvillón de Cambados presentou un mural no que explicou que o colexio do futuro debería dispoñer dun aula de croma e gravación, robótica e maxia tecnolóxica, realidade virtual e videoxogos e un obradoiro de reciclaxe e ecoloxía. Por esta proposta resultaron gañadores de Galicia na categoría de 6 a 8 anos.
Pola súa parte, o alumnado do curso 6º do CEIP Vista Hermosa de Ourense construíu una mesa de pinball na que os escolares utilizaron tecnoloxía de impresión dixital e empregaron materiais reciclados, como tapóns de botellas. A súa idea do colexio do futuro é un centro autosuficiente dende o punto de vista enerxético; que teña a disposición mapas de realidade virtual e holografías para aprender conceptos, viaxar ao espazo, mergullarse no mar ou ver museos e que use a robótica. Con este traballo resultaron gañadores na categoría de 9 a 12 anos.
O fomento das vocacións en áreas de coñecemento STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas) forma parte do modelo educativo e de transformación dixital en Galicia a través de programas como o Plan de Promoción do Talento Dixital de Galicia, DigiTalent; a Estratexia Galega para a Educación Dixital, EduDixital, ou a propia Estratexia Galicia Dixital 2030.
Durante o acto de entrega dos premios, a directora da AMTEGA, Mar Pereira, salientou que o DigiTalent desenvolve accións dirixidas ao alumnado de Galicia, como os programas TechKids, ou Ciberseguranza Kids, xunto co Colexio Profesional de Enxeñaría de Informática, ou encontros dos escolares con profesionais das áreas tecnolóxicas.
Mar Pereira lembrou que as mulleres representan soamente o 16,8 por cento do alumnado en enxeñarías tecnolóxicas e o 38,5 por cento en enxeñarías STEM, cando son o 55,2 por cento do total do alumnado do Sistema Universitario de Galicia.
Neste sentido, destacou que DigiTalent desenvolve tamén accións como o programa Girl STEM, para motivar as vocacións tecnolóxicas entre o alumnado feminino, ou o programa Mática de obradoiros para alumnas do rural.
A AMTEGA desenvolve outras accións para fomentar as vocacións STEM, como campamentos de verán sobre o manexo e voo de aeronaves non tripuladas, programación de robots, creación de vídeos mediante videomaping ou edición de videoxogos.
Pola súa banda, o programa EduDixital permitiu a implicación de máis de 12.000 escolares en actuacións sobre competencias STEM, o despregamento de máis de 750 lotes de robótica, programación e impresión 3D, a posta en marcha de 167 contratos programa para mellorar a competencia STEM e o desenvolvemento de 12.000 horas de formación nas que participaron máis de 8.800 docentes.
En canto a transformación dixital do sistema educativo, a Xunta ten en marcha o Plan Edu100 que permitiu xa a dotación con fibra óptica de 1Gbps e renovación dos servidores do 100% dos colexios públicos; a extensión da Wi-Fi a todos os espazos docentes; a dotación de portátiles para o alumnado en risco de exclusión; e permitirá antes de 2023 a extensión a todo o alumnado entre primeiro de primaria das aulas dixitais; a extensión do libro dixital Edixgal ao 70% do alumnado entre 5º de Primaria e 4º da ESO e a dotación de equipamentos PC e portátiles ao profesorado e ciclos formativos. En total, estas actuacións implicarán un investimento de 134,6 millóns de euros.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?