Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Avalían o desenvolvemento do hub galego de innovación dixital DIHGIGAL
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Avalían o desenvolvemento do hub galego de innovación dixital DIHGIGAL

Redacción
Publicado: 23/06/2021
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

dihgigal_conde.jpgO vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, mantivo esta tarde unha reunión co Hub de innovación dixital DIHGIGAL co obxectivo de avanzar no desenvolvemento desta iniciativa articulada ao redor de catro cadeas de valor, como son Ceaga (automoción), Aclunaga (naval), Clusaga (industria alimentaria) e Cluster TIC Galicia.
Tamén forman parte deste hub o Centro de Supercomputación de Galicia (Cesga) e as universidades da Coruña e Vigo, así como o Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG) e a firma de consultoría tecnolóxica Inova Labs. O seu obxectivo é apoiar ás empresas nos seus procesos de transformación dixital para ser máis innovadoras e gañar tamaño no mercado.
Durante o encontro, Conde trasladou que a Xunta está comprometida coa consolidación dos Hubs de innovación dixital, un instrumento de colaboración público-privada fundamental para artellar a I+D+i nas pemes a través do que se pretende estender o impacto positivo da innovación a todo o tecido e converter Galicia nun referente tecnolóxico naquelas áreas con potencial. De feito, desde a Xunta xa se levan destinados 28,8 millóns de euros desde 2019 á Estratexia dos Hubs de Innovación Dixital con medidas para promover a súa carteira de servizos e a súa actividade.
Destaca, por exemplo, a vindeira convocatoria de Conecta Covid, que destinará 4 millóns de euros para avanzar en proxectos de I+D empresarial relacionados coa COVID-19 e que contará coa colaboración dos hubs á hora de axustar os apoios ás necesidades reais do tecido galego.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?