Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: PuntoGal e a RAG entregan os premios do IV Concurso de microrrelatos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

PuntoGal e a RAG entregan os premios do IV Concurso de microrrelatos

Redacción
Publicado: 28/06/2021
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

img-20210628-wa0000.jpgA Real Academia Galega e PuntoGal entregaron esta mañá os premios do IV Concurso de microrrelatos que ambas as institución convocan conxuntamente co propósito de reforzar a presenza da lingua e da identidade propias na Rede. As persoas gañadoras nas tres categorías –infantil, xuvenil e adultos–, de entre 8 e 35 anos, leron no salón de actos da Academia cadansúa historia, nove contos que suman menos de 1.200 palabras, pero de abondo para amosar o talento literario e demostrar tamén que as novas xeracións non permanecen caladas ante o sexismo, a transfobia, a homofobia ou a desfeita ambiental. Os presidentes da RAG e de PuntoGal, Víctor F. Freixanes e Manuel González González, entregaron os galardóns acompañados doutros membros dos dous xurados encargados de avaliar os preto de 1.600 relatos de ata 200 palabras que concorreron á última edición do certame, máis do dobre ca na anterior.
Os contos premiados poden lerse nunha publicación dixital dispoñible na páxina web do concurso. A gañadora do primeiro premio na modalidade de adultos é Paloma de Toro (Ourense, 1985) con “Non te gastes”, Luca Chao (Lugo, 1988) mereceu o segundo con “Aves de paso” e María Cabaleiro Alfaya (Tui, 1993), o terceiro con “Sara”. Alba Guzmán Falcón (Ourense, 2003) fíxose, con “Bolboreta”, co primeiro premio da modalidade xuvenil, na que Nayara Alonso Barredo (Salceda de Caselas, 2004) foi recoñecida co segundo por “Ela” e Lucía Álvarez Puga (Vigo, 2004), co terceiro por “A choiva”. Álex Gallego Couñago (Arcade; 2010) foi galardoado co primeiro premio de infantil (ata 11 anos) con “Saíndo do túnel” e Niara Cabrerizo Collazo (Moaña; 2013 e Carmen Mendaña Vázquez (Santiago de Compostela, 2011), co segundo e o terceiro, respectivamente, por “Unha mala noite” e “Papá”. As persoas gañadoras recibirán distintos premios tecnolóxicos –ordenadores, consolas, lectores electrónicos- e relacionados coa lectura.
As súas historias son exemplo do crecente éxito do concurso, tanto polo número de textos presentados como pola calidade de moitos deles, destacan os presidentes da RAG e PuntoGal. “Esta é xa unha iniciativa de referencia na que participa xente de todo tipo que sente que ten algo que dicir, e que quere facer chegar a súa mensaxe ao público en galego: dende nenos e nenas de primaria ata as persoas de máis idade, afeccionados e mesmo escritores profesionais unidos pola mesma paixón de contar historias, unha afección estreitamente relacionada coa da lectura e que, neste novo século, agranda o seu alcance a través da Rede”, expresa o presidente da Real Academia Galega.
“A participación tan numerosa de concursantes de todas as idades estase convertendo nun estímulo para a escritura en galego, e nunha vía para que moitos galegos e galegas traten de expresar de maneira literaria as súas ilusións, pero sobre todo as preocupacións, os problemas e as frustracións que están deixando pegada na súa vida. E neste sentido, os microrrelatos non deixan de ser un espello bastante fiel do que está ocorrendo na sociedade”, engade Manuel González.
Víctor F. Freixanes e Manuel González participaron no xurado da categoría de adultos xunto á académica Chus Pato, o director xeral de PuntoGal, Darío Janeiro, e Alba Tomé, en representación da revista Luzes, que colabora no concurso. Os relatos presentados nas categorías xuvenil e infantil foron avaliados polos académicos correspondentes Xavier Senín e Helena Villar Janeiro; a secretaria de PuntoGal, Edita de Lorenzo; Cristina Ríos, membro do equipo de PuntoGal Edita de Lorenzo; e mais o xornalista Lois Alcayde, do comité de redacción de Luzes.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?